_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Os vilagarciáns xeramos en 2020 un 14% máis de residuos voluminosos pero mantivemos a mesma bolsa de lixo

As estatísticas anuais do servizo de recollida de lixo en Vilagarcía constatan un dato que xa se viña facendo patente no último semestre do ano: o incremento da cantidade de residuos voluminosos que, ao peche do ano 2010 foi dun 14,6% respecto ao ano anterior. O pasar máis tempo na casa como consecuencia, primeiro no confinamento, e logo polas restricións sanitarias, animou a moitos vilagarciáns a despexar os seus fogares facendo limpezas exhaustivas para desprenderse de mobles vellos e aveños en desuso, de aí que a cantidade de residuos deste tipo retirado polo servizo municipal acadase os 133.340 quilos, 17.002 máis que en 2019. Maila do que se puidera pensar, a bolsa tradicional do lixo, a que se compón dos residuos sólidos que desbotamos no contedor verde tradicional, penas sufriu unha lixeira variación ao alza que no chegou ao 0,4%, sumando un total de 14.669.410 quilos, 45.350 máis que o ano anterior.
11.01.2021.- A estatística máis curiosa deste 2020 foi a relativa á da recollida de voluminosos, cuxos datos flutúan de forma importante a partir do decreto do Estado de Alarma. O primeiro trimestre do ano a evolución foi similar á do exercizo anterior, cunha diferenza mínima de 322 quilos máis. O mes de abril, co servizo completamente suspendido pola pandemia, computou a cero, mentres que en maio, coa restitución da recollida, xa comeza a notarse o afán dos vilagarciáns por despexar a casa de trastes, ao terse retirado 7.500 quilos tan só cun día de recollida, cando en 2019, con dous días de servizo se tiñan rexistrado 8.000 quilos.

Incrementos máximos en verán e no último trimestre

A tendencia á alza manifestouse de forma contundente nos meses de verán (en xuño, xullo e agosto), meses no que se retiraron 42.080 quilos de voluminosos, case un 42% máis que no mesmo período do 2019. Tras pisar o freo en setembro, mes no que se recolleron 9.240 quilos de trastes fronte aos 12.320 do ano anterior, no último trimestre do ano volve a acelerarse a tendencia sumando 32.820 quilos de voluminosos recollidos, 13.050 máis que na mesma tempada do exercicio anterior, o que representa un incremento do 66%.

Un dato importante a ter en conta é que o servizo municipal de recollida de voluminosos estivo parado durante dous meses do confinamento, dende mediados de marzo ata o 19 de maio. O servizo préstase dous días ao mes (o primeiro e terceiro martes de cada mes) e para utilizalo é preciso informar á empresa concesionaria un día ou dous antes chamando ao teléfono 986 501 617. A chamada é esencial para que a empresa tome nota do punto concreto no que se vai facer o depósito para poder pasar a recollelo. Ademais, os residuos deben depositarse o mesmo día no que se vai a facer a recollida para evitar que o lixo se acumule durante horas ou incluso días nas rúas, coa mala imaxe que isto produce

Tras o confinamento, o servizo chegou a triplicar o número habituais de avisos, polo que houbo quendas nas que a recollida total non se puido facer nunha soa xornada, tendo que dedicar dous, ou incluso tres días a facela debido ao importante incremento de voluminosos e á dispersión dos puntos de depósito por todo o municipio, o que tamén obrigou a establecer varias rutas diferenciadas para chegar a todas partes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -