_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
A calidade dos traballos fai que xuventude eleve a 5 os premios do Concurso de decoración sostible de Nadal

Trinta e nove familias responderon á edición especial do Concurso de Decoración Sostible de Nadal convocado pola Concellería de Xuventude de Vilagarcía e que, debido ás restricións sanitarias pola pandemia, este ano orientouse ao ámbito dos fogares. Todos os traballos presentados tiñan unha gran calidade, de aí que as puntuacións estiveran moi axustadas, producíndose un dobre empate nos segundo e terceiro postos. Para resolver esta circunstancia, a Concellería decidiu elevar a 5 os premios concedidos e incrementou en 150 euros a dotación orzamentaria inicial de 600 euros. Deste xeito, os cinco primeiros clasificados recibirán agasallos.
05.01.2021.- O primeiro premio, consistente nunha tablet por valor de 300 euros, recaeu en Jimena Oubiña Ferreiro, de 9 anos, polo seu traballo “Aproveitemos do que temos”, unha fermosa e orixinal árbore de Nadal confeccionada con papel de embalar dun pedido que tiñan recibido e decorada con adornos realizados con obxectos de refugallo como tapóns de cortiza, cápsulas de café, arandelas “abre fácil” de latas de bebidas, botellas de auga, paus e fíos de la, entre outras cousas.

Cada un dos dous segundos premios serán agasallados cun lote de material escolar e de lectura valorado en 150 euros. Este será o premio que reciban Roque García, de 9 anos, e a súa irmán Mar, de 3, polo seu orixinal “Queridos Reis Magos: acordádevos deles…” un homenaxe aos cans e gatiños da Protectora de Animais, no que os Reis Magos, elaborados cos tubos de papel hixiénico, posan xunto ás mascotas realizadas con tapóns de cortiza.

O outro segundo premio corresponde ao “Trineo de Papa Noel”, outro adorno de mesa confeccionado con papel de agasallo, paus de sushi, algodón e ata un calcetín vello. O seu autor é Martín Saborido Ancosmede, de 5 anos.

Johanna Romeu Balsa, de 6 anos, obtivo un terceiro premio pola decoración de Nadal que deseñou para a porta e unha fiestra da súa casa. Cunha caixa de cartón vella, papel de embalar, unha caixa de zapatos, vasos de plástico e tubos dos rolos de papel hixiénico realizou unha fermosa casiña de campo para a fiestra, un enorme boneco de neve para a porta e mesmo unha fermosa caixa de correos.

“Da realidade humana á fantasía de Nadal” é o título do outro terceiro premio, unha obra dos irmáns Mateo e Chloé Ferreiro García, de 6 e 4 anos, respectivamente, que elaboraron ducias de adornos para colgar na árbore de Nadal, representando cada un deles a un dos colectivos profesionais que foron esenciais durante a pandemia. Para esta homenaxe a sanitarios, policías, agricultores, panadeiros, caixeiras de supermercados, médicos, mestres, persoal de limpeza, avós e nenos, este dous irmás utilizaron materiais como retales de teas de disfraces, ceras, cocos de carballos, landras, pinzas da roupa, velas, lazos do cabelo e de regalos, CDs e arames.

Cada un dos terceiros premios será agasallado cun lote de material de lectura e cómics valorado en 75 euros.

Conciencia medioambiental e apoio ao comercio local

Ademais de promover o traballo en familia, a Concellería de Xuventude pretende con esta iniciativa sensibilizar sobre a problemática dos residuos e sobre a importancia da reciclaxe, así como fomentar o aproveitamento e reutilización de obxectos de refugallo ou o uso de materiais naturais na fabricación dos elementos ornamentais cos que decorar as nosas casas este Nadal.

Na liña de apoio ao comercio local enmarcada na campaña “Son da Casa!”, os premios serán canxeados na tenda de informática Stin, a Librería Nobel, e a tenda de cómics Metrópolis.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -