_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Concello e Secretaría de Deportes colaborarán na reforma integral do pavillón de Fontecarmoa

O tantas veces reclamado reacondicionamento do pavillón número 1 do complexo polideportivo de Fontecarmoa xa está máis preto, unha vez que o alcalde, Alberto Varela, e o secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete, selaron hoxe en Santiago o seu compromiso de colaboración para dar un pulo a esta vella reivindicación de Vilagarcía, que Lete coñece ben.
29.12.2020. Alcalde e secretario xeral mantiveron esta xuntanza como continuación ás conversas telefónicas que xa realizaran a semana pasada. Foi unha reunión moi cordial e con claro ánimo de colaboración, pois ambas partes conscientes de que os problemas do pavillón non se arranxan con un ou varios parches, senón cun forte investimento que, en verbas do alcalde, significará case construír un pavillón novo. Isto é así porque haberá que actuar sobre os vestiarios, as instalacións eléctricas e de saneamento, a cuberta e o illamento e tratamento de todo o peche perimetral e das instancias interiores, eficiencia enerxética, etcétera.

A necesidade de realizar unha intervención decidida e non parcial foi o que xustificou o retraso na súa execución, ata coñecer as posibilidades de coinversión con outras administracións.
Polo de agora descoñécese a contía do investimento a realizar, pois os técnicos están avaliando todas as actuacións precisas e, sobre todo, cales son as mellores solucións construtivas a cada requirimento. Así, unha vez rematada esta auditoría, dende o Concello se realizará unha memoria económica final. Con base nestes documentos, o alcalde e o secretario xeral volverán a xuntarse, no primeiro trimestre do 2021, coa intención de asinar un convenio de cofinanciación das obras.

CONTÍA ELEVADA
En función da contía final, que se dá por seguro que será elevada, Concello e Xunta poderían asinar un convenio anual ou plurianual. En todo caso, o que parece claro é que despois da reunión de hoxe entre Varela e Lete o camiño para a ansiada posta ao día do pavillón número 1 de Fontecarmoa está despexado. Neste sentido, o alcalde agradeceu a boa disposición do secretario xeral para o Deporte, bo coñecedor das infraestruturas, eventos e necesidades do deporte e dos deportistas locais.

O futuro investimento no pavillón central de Fontecarmoa intégrase nun proxecto global de mellora do complexo polideportivo. Hai ben pouco renovouse a maquinaria da piscina ao tempo que se traballa no proxecto de ampliación, a través dos fondos europeos, dotándoa dun novo vaso. Tamén se van renovar as pistas de tenis, se habilitou un aparcamento nas inmediacións do pavillón principal e a piscina, e se está a preparar un novo proxecto de mellora do estadio de atletismo.

Fóra do complexo de Fontecarmoa, o goberno local tamén investiu nos campos de fútbol da Lomba, Vilaxoán e Bamio e noutras instalacións deportivas. Afortunadamente, argumenta o goberno de Alberto Varela, o concello conta cunha extensa rede de infraestruturas deportivas e un amplísimo número de practicantes do deporte afeccionado e federado, pero precisamente por iso é necesario dedicar un presuposto moi importante ao mantemento ou creación de novas infraestruturas, nas que non se pode actuar sempre á vez nin cando un o desexaría.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -