_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Alberto Varela alerta da situación de emerxencia dos Servizos Sociais municipais

O alcalde de Vilagarcía e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias solicitou unha vez máis á Xunta de Galicia a necesidade de que transfira fondos extraordinarios aos concellos, requirimento especialmente urxente para o mantemento dos Servizos Sociais. Alberto Varela reuniuse hoxe coa conselleira de Política Social.
28.12.2020. A pandemia obrigou aos concellos a intensificar e realizar novas tarefas, especialmente no eido dos servizos sociais, onde desenvolveron todo tipo de medidas extraordinarias coma o reparto de comida ou medicación aos fogares, incremento da asistencia no domicilio e das axudas para necesidades básicas ou mesmo a posta en marcha de dispositivos de axuda a persoas sen fogar. O presidente Alberto Varela trasladou á conselleira de Política Social, Fabiola García, o importante aumento das distintas prestacións sociais, (só durante o confinamento os concellos galegos recibiron máis de 17.000 novos solicitantes de axuda) o que supuxo para ás entidades locais galegas unha presión económica de case 6 millóns de euros ao mes.

Un dos aspectos máis preocupantes para os concellos supón o adecuado financiamento da dependencia. Os concellos aportan máis do 40% deste servizo á cidadanía: “se os prezos de licitación están arredor de 16 euros/hora, os concellos poñen 7, somos a administración que máis diñeiro aporta”. Se ben o aumento de horas ofertadas é positivo, Varela sinalou que é necesario que Xunta e Goberno do Estado aumenten a súa aportación porque “o custo para ás arcas municipais pode facer que concellos medianos ou pequenos non sexan quen de facer fronte á situación” .

Trala boa receptividade da Conselleira, o presidente da Fegamp e alcalde de Vilagarcía agarda que a Xunta satisfaga ditos requirimentos cara a vindeira reunión fixada no mes de xaneiro para avanzar na Axenda social.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -