_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
Esgotados os 3.750 packs de bonos “Son da Casa!” de Nadal

O Concello de Vilagarcía esgotou onte os 3.750 packs de bonos-compra “Son da Casa!” emitidos o pasado 28 de novembro para estimular o consumo no comercio e hostalería locais durante a campaña de Nadal. A velocidade da venta dos tickets supera a boa acollida que xa tivera a edición de verán, superando as mellores expectativas, non so por terse adquirido todos os bonos en apenas tres semanas e media, senón tamén polo bo ritmo de utilización dos mesmos nos establecementos comerciais, hostaleiros e de servizos adheridos á campaña.
23.12.2020.- A concelleira de Promoción Económica, Alba Briones, mostrou a súa satisfacción polo éxito da iniciativa posta en marcha polo Concello no marco das medidas aprobadas para contribuír á recuperación da economía local tras a crise ocasionada como consecuencia da pandemia.

Como xa se sabe, o Concello financia parte dos bonos de xeito que os cidadáns, pagando 20 euros, podían adquirir un lote co que facer compras por importe de 30 euros. É dicir, que o Concello subvencionaba 10 euros. Deste xeito anímase ao consumidor a mercar e a facelo e lógrase xerar un maior volume de actividade nos establecementos de Vilagarcía adheridos á campaña, un total de 200. Os bonos poderanse gastar ata o 31 de xaneiro..

Tamén con motivo da campaña de Nadal, o Concello quixo facer un agasallo aos primeiros 1.000 compradores de packs dobres de bonos (o máximo que se podía adquirir por persoa eran 2 lotes). Estas persoas serán agasalladas cun vaso take away coa imaxe da campaña “Son da Casa”, facendo tamén un chisco á hostalería local que durante un mes soamente podía servir os seus produtos para levar.

Dado que xa están esgotados, este sábado xa non haberá venta presencial na Praza de Galicia. O reparto dos vasos continuará nos vindeiros días segundo se vaia avisando previamente vía whastapp aos interesados.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -