_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Fexdega acollerá un Autocine de Nadal cunha programación pensada para o público familiar

Co obxectivo de manter a programación de Nadal especialmente dedicada aos nenos e nenas, o Concello de Vilagarcía continúa adaptando as súas propostas de ocio e cultura ás circunstancias impostas pola pandemia. Neste marco, a Concellería de Xuventude porá en marcha durante o período vacacional un Autocine de Nadal que funcionará no aparcamento posterior de Fexdega e cuxa asistencia será de balde. Con películas de temática de Nadal especialmente pensadas para o público familiar, realizaranse tres proxeccións, unha en cada unha das semanas das festas. A entrada é de balde previa reserva en http://vivetix.com/autocinevilagarcia
19.12.2020.- O ciclo comezará o mércores 23 de decembro coa proxección de "Klaus" a película española de animación que foi nominada aos Óscar e que obtivo varios Premios Goya no ano 2019. A seguinte sesión será o mércores 30 de decembro, e o título "Se armó el Belén", película española de 2017. E o día 7 de xaneiro, como clausura das vacacións e das festas de Nadal, proxectarase un dos grandes clásicos do cine, "ET", de Steven Spilberg.

Todas as sesións comezarán ás 19.30 horas. Os asistentes deberán chegar cuns minutos de antelación, accedendo cos seus vehículos ao aparcamento posterior de Fexdega, onde serán debidamente aloxados. A película proxectarase nunha pantalla de 150 metros cadrados de superficie e o son chegará ao interior dos vehículos mediante a sintonización da radio no dial que se lles indicará na entrada. Deste xeito, as familias poderán gozar destas películas navideñas e familiares nunha experiencia pouco frecuente e á vez segura en relación aos protocolos COVID.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -