_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello completa unha nova fase da renovación do alumeado público coa instalación de 1.330 puntos led no rural

O Concello de Vilagarcía vén de rematar unha nova fase do plan de renovación e mellora do alumeado público municipal mediante a cal se substituíron un total de 1.330 puntos de luz de diferentes camiños e vías públicas das parroquias do rural. A actuación, na que o Concello investiu 191.5198 euros de fondos propios, permitiu dotar a estas zonas de tecnoloxía led, moito máis eficiente en termos lumínicos e de aforro enerxético.
16.12.2020.- A actuación que se remata nestes días ten como finalidade mellorar a calidade do servizo de alumeado público no marco das políticas de aforro e eficiencia enerxética iniciadas xa hai uns anos polo Concello de Vilagarcía. En concreto, puxéronse 810 unidades de luminarias de vial LED de 50 watios e 520 de 30W.

O proxecto, ademais de mellorar a eficiencia enerxética do servizo público, é unha eficaz medida de aforro xa que, a adaptación á tecnoloxía LED suporá a redución dun 69,23% respecto ao consumo eléctrico actual nestas zonas, o que monetariamente se traduce nun aforro anual de 69.164 euros, segundo se indica na memoria realizada polos Servizo Municipal de Electricidade.

Grazas a esta actuación, renovouse o alumeado en zonas como Soutelo, Quintáns, Rubiáns de Arriba, O Lago e Rúa do Pazo en Rubiáns; en todo Zamar; na urbanización O Rial, nas Carballas e Os Piñeiros, en Cea; Rúa O Souto, en Cornazo; en Fontecarmoa, dende a rotonda da vía rápida ata o cruce coa avenida de Cambados e Vista Alegre; no Piñeiro; na Rúa Vilar-Bamio; na Lagoa, San Antonio-Combe e Combe-Casal Cortiñas, en Faxilde; Galáns; en Monte Xaquín, na Laxe; A Xesteira, en Guillán e na Rúa Xiabre.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -