_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MEDIO AMBIENTE
BATA pon en marcha un innovador programa de formación e acción medioambiental a desenvolver na zona Arousa-sur

A Asociación Autismo BATA elixiu o Concello de Vilagarcía para presentar o proxecto COADOR, unha proposta inclusiva e aberta á sociedade que combina o carácter formativo e de desenvolvemento persoal orientado aos seus usuarios, coa vertente integradora e de sensibilización ambiental para a poboación xeral. O programa, deseñado por BATA e financiado a través do Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa (GALP), ten unha duración de 9 meses e conta coa colaboración dos concellos de Vilagarcía, Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, así como coa do Parque Nacional das Illas Atlánticas e as firmas Corticata Turismo Medioambiental e Equilátero. Recollida e análise de datos sobre o lixo que aparece nas nosas costas, charlas en centros educativos para explicar os resultados dos estudos e saídas de voluntariado para limpar praias e afondar na recollida de datos son algunhas das actividades previstas no COADOR.
16.20.2020.- O proxecto, que xa comezou hai unhas semanas cos traballos organizativos previos, consiste na creación dun grupo de traballo composto por 15 persoas con autismo ou discapacidade intelectual que recibirá formación específica teórica e práctica. Durante 9 meses, estas persoas realizarán diversas accións ata completar o proxecto.

Acompañados por monitores de apoio e persoal técnico especializado, os 15 participantes identificarán e avaliarán as zonas máis sensibles de acumulación de vertidos de lixo mariño na zona sur da Ría de Arousa, aquelas que fan o efecto COADOR, de retención e acumulación dos residuos que circulan pola ría. O proxecto inclúe varias actuacións abertas á poboación de recollida de lixo en zonas como a illa de Cortegada e Malveiras en Vilagarcía, O Carreirón e O Areoso, na Illa de Arousa, Cambados, e A Lanzada e San Vicente no Grove. Para estas actividades de voluntariado medioambiental fomentarase a participación cidadá a través de colexios e institutos, asociacións veciñais e xuvenís, etc…

Partindo da premisa de que “o lixo nos fala”, os residuos clasificaranse por tipos e pesaranse para coñecer aspectos como as causas e orixe desta contaminación: se procede da actividade produtiva (redes de marisco, palillos de bateas, cordas…), si é máis propia do turismo (latas de bebidas, bolsas e envases de alimentos) ou mesmo de verquidos das redes de saneamento (bantoncillos hixiénicos…). Con estes datos, o equipo de traballo fará unha campaña de sensibilización da poboación en xeral, incidindo de forma máis intensa nos centros educativos e na mocidade, cos que se desenvolverán charlas para informar dos resultados da campaña que tamén se divulgarán nos concellos participantes a través dunha xornada aberta ao público e mediante a difusión dos mesmos en medios de comunicación e redes sociais.

Inserción socio laboral

A maiores dos obxectivos medioambientais e de fomento do voluntariado, o proxecto COADOR ten unha importante vertente social. O proxecto enmárcase dentro do Servizo de Formación e Emprego da asociación BATA, polo que se presenta como unha oportunidade máis para que os usuarios dispoñan dos medios necesarios para realizar o seu proxecto de vida e para acadar o seu desenvolvemento persoal dunha forma totalmente inclusiva e integradora, participando de forma activa na vida social da súa comunidade, aportando en beneficio desta.

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, foi o encargado de abrir a presentación do proxecto COADOR felicitando aos responsables de BATA por “seguir presentando iniciativas tan positivas e innovadoras”. O rexedor lembrou que o Concello de Vilagarcía é coñecedor “do gran traballo que realiza a asociación”, a través dos convenios de inclusión laboral que ten asinados coa entidade para que os usuarios prestan servizos á administración local nas brigadas de xardíns ou no reparto publicitario. O coordinador do Servizo de Emprego de BATA, Ignacio Rey, apuntou que esta colaboración suma xa 20 anos.

Pola súa parte, o presidente de BATA, Mario Trigo, agradeceu ao alcalde o excelente trato que o Concello de Vilagarcía da a todas as propostas que presenta a asociación e tamén destacou ao GALP por apostar por este proxecto e ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, por permitir aos usuarios de BATA realizar actividades nunha contorna tan privilexiada como é Cortegada e por facerlles sentir responsables de algo tan importante como é o coidado e a conservación dun parque nacional.

Na presentación participaron tamén Mónica Santos, directora técnica da área de adultos de BATA e Santiago Chapela, encargado de Apoio Producción e Ángeles Santos, xerente da Asociación. Outros asistentes ao acto foron Rosa Carballo, responsable do GALP Ría de Arousa e José Antonio Fernández, director do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia; así como os concelleiros das áreas de Medio Ambiente e de Turismo do Concello de Vilagarcía, Diego García e Álvaro Carou; a edil de Medio Ambiente de O Grove, Ángeles Domínguez; Saleta González, representante de Equilátero Desenvolvemento Sostible Consultores e Estefanía Marín, técnico do proxecto COADOR.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2021  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -