_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
FESTAS
O bosque de Papa Noel da panadería Lourido gaña o concurso de decoración de Nadal

A Panadería Lourido foi a gañadora deste ano do Concurso de Decoración de Nadal organizado pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Vilagarcía. A ornamentación da fachada xunto coa vistosa recreación do bosque de Papa Noel en todo o corredor que da acceso ao obrador da Rúa Ramón e Cajal foi a proposta mellor valorada polo xurado entre os 29 locais que participaron no certame. Os dous segundos premios recaeron en Imaxe Moda (Rúa fariña Ferreño) e na Cafetería Andaina (Avenida Rodrigo de Mendoza). A tenda de roupa feminina apostou por unha decoración en branco tanto para os escaparates como para boa parte da rúa, mentres que o Andaina destaca pola iluminosidade exterior e as escenas interiores. Os dous terceiros premios foron para a ambientación invernal de La Tetereta (Rúa Cobián), que decorou interior, entrada e escaparate; e para a orixinal e elegante recreación dunha bola de cristal da perruquería Tijeras de Diseño (Rúa Castor Sánchez).
15.12.2020.- O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a concelleira de promoción Económica, Alba Briones, desprazáronse esta mañá ata a Panadería Lourido, para facerlle entrega ás súas responsables do diploma acreditativo e do cheque dotado cos 595 euros correspondentes ao primeiro premio da segunda edición do concurso organizado polo Concello para dinamizar a ambientación de Nadal dende os propios establecementos. A continuación a concelleira visitou os restantes locais galardoados este ano para entregarlles aos seus responsables os diplomas e os cheques que, no caso dos segundos premios estaban dotados con 395 euros cada un, e con 200 euros cada un dos terceiros.

Para fallar os premios, o xurado valorou aspectos como a decoración total ou parcial do local (escaparate, fachada e acceso), a iluminación, o uso de materiais naturais e de reciclaxe e a innovación e o deseño.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2021  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -