_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
A campaña dos bonos Son da Casa! de Nadal suma xa 200 establecementos adheridos

Si a primeira campaña dos bonos–compra Son da Casa! tivo unha excelente acollida tanto por parte dos consumidores como polo comercio e a hostalería, a edición de Nadal está sendo aínda moito máis exitosa. De feito, tan so nos primeiros nove días dende a posta a venta dos bonos, o pasado 28 de novembro, xa foron adquiridos algo máis de 2.000 lotes. Ademais, a lista de establecementos adheridos á campaña segue engordando, chegando xa aos 200 pequenos establecementos de todo tipo nos que poder gastar os bonos.
09.12.2020.- Como xa acontecera na primeira edición lanzada polo Concello para dinamizar á actividade comercial no municipio, de cara á campaña de Nadal a administración local volveu a emitir outros 3.750 packs de bonos que, polo prezo de 20 euros, permiten facer compras por valor de 30, grazas á achega municipal de 10 euros por lote. Polo tanto, a día de hoxe, xa se venderon o 53% das existencias. A compra avanza a moi bo ritmo tanto na súa modalidade online, a través da web sondacasa.vilagarcia.gal, como na venta presencial realizada nos dous últimos sábados na Praza de Galicia para facilitar o trámite de compra ás persoas maiores ou que teñen máis dificultade para acceder aos medios telemáticos. O sábado pasado, os 200 packs dispoñibles, esgotáronse en dúas horas, como xa pasara a semana anterior cando tamén se esgotaron os 300 lotes previstos para a venta física inaugural.

Aposta polo gasto local

A edición de Nadal dos bonos Son da Casa incentivará a actividade comercial e hostaleira na cidade, beneficiando tanto a estes sectores que terán maior actividade coa que poder ir recuperándose das perdas polos peches da corentena e as posteriores restricións, como para os consumidores que verán incrementada a súa capacidade adquisitiva xa que cun investimento de 20 euros gañar outros 10 euros para gastar nos establecementos locais adheridos á campaña. Estes poden identificarse a través dos adhesivos que terán que poñer en portas e escaparates ou tamén consultando a lista de adhesións que aparece completa na web sondacada.vilagarcia.gal.

Como se sabe, cada persoa maior de 18 anos pode adquirir os bonos (cun máximo de dous lotes por persoa), para o cal deberá aportar o número de DNI. Na campaña de Nadal, o Concello tamén quixo engadir un pequeno agasallo para incentivar a comprar dos bonos, polo que os 1.000 primeiros consumidores que adquirisen dous packs de bonos, recibirán un vaso takeaway coa imaxe da campaña.

A edición de Nadal comezou o pasado 28 de novembro e os bonos poderán utilizarse ata o 31 de xaneiro nos establecementos adheridos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -