_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Mercado de Nadal abre o día 4 pola tarde cunha variada oferta de decoración, artesanía, agasallos, téxtil e gastronomía

O venres 4 de decembro pola tarde, comezará o Mercado de Nadal no que este ano participan 29 firmas comerciais de diversos sectores e 5 ONGs do municipio. Haberá unha ampla variedade de produtos relacionados coas festas de Nadal que os visitantes poderán adquirir ou mesmo degustar en situ, actividades que irán acompañadas de música ambiental e mesmo dalgunha actuación en directo nas inmediacións para ir creando ambiente nun mercado cuxa decoración xa de por si Para garantir as medidas de seguridade ante o COVID, as casetas que compoñen o mercado disporanse este ano en dous emprazamentos para evitar concentracións de xente e facilitar a separación entre postos.
03.12.2020.- Árbores de Nadal, figuriñas e obxectos para decoralos; coroas, centros de mesa e outras ornatos vexetais para adornar a casa durante estas festas; manteis de liño; calcetíns con motivos de Nadal; todo tipo de artesanía para regalar; turróns, mazapáns e outros doces típicos destas datas; embutidos cos que comezan as comidas e ceas das celebracións e ata viños e produtos de comercio xusto se poderán adquirir do 4 ao 27 de decembro no Mercado de Nadal de Vilagarcía. A maiores, os visitantes tamén poderán degustar in situ algúns produtos na caseta dun foodtrack e nos postos de venta de crepes e de gofres.

A Concellería de Promoción Económica dou prioridade absoluta ao comercio local á hora de adxudicar os postos do Mercado de Nadal ofertándolles a estes a posibilidade de permanecer as 3 semanas completas que dura a actividade. Unha vez pechado o calendario coas firmas da cidade, os demais participantes usarán por quendas as casetas. Aínda que o comercio local é maioritario, o Mercado de Nadal de Vilagarcía tamén espertou o interese de firmas de municipios veciños, doutras provincias galegas e ata de fora de Galicia, como a firma de embutidos zamorana.

Por tratarse dun ano especial no que comercio e pequenas industrias estanse a ver moi afectadas polos paros e restricións impostos a raíz da pandemia, o Concello decidiu eximir aos participantes do pago do aluguer das casetas e ocupación do solo, polo que este Nadal, a participación é de balde, co compromiso de cumprir os calendarios e horarios de apertura establecidos nas bases, de xeito que se garanta que o mercado estea operativo ao 100% durante as tres semanas que dura. Isto faise tendo en conta que o Mercado de Nadal organízase tamén por ser un foco de atracción de público con efecto dinamizador do conxunto da economía local.

Así, as 16 casetas do mercado terán que estar abertas todos os días de 11 a 13.30 e de 17 a 21 horas, coas excepcións do 24 de decembro, que terá horario continuado de 11 a 18 horas, e do 25 de decembro, que permanecerá pechado.

O Mercado de Nadal tamén funciona como elemento de ornamentación de Nadal, posto que as casetas estarán completamente decoradas e iluminadas de acordo con estas festas. Ademais, para crear un clima agradable e típico de Nadal, contará con música de ambiente e incluso algunha actuación musical el directo.

Vertente solidaria

Como non podía ser doutro xeito, e máis aínda nestas datas, o Mercado de Nadal, terá unha vertente solidaria xa que o Concello reservou unha das casetas para uso exclusivo de colectivos sociais sen ánimo de lucro que traballan no termo municipal. As cinco ONGs inscritas tamén irán turnando o uso da caseta para poder vender os artigos que os seus usuarios realizan nos talleres ocupacionais , así como produtos de comercio xusto e outras cousas cuxos ingresos axudarán ao sostemento das entidades sociais.
Os colectivos que participan son Asociación Galega de Lindefema, Asociación de familiares e enfermos de alzheimer Afasal, Solidariedade Internacional Galicia-Comercio Xusto, Asociación Lar e asociación de TDAH.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -