_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
O concello aproba o proxecto de renovación de beirarrúas na contorna da praza de abastos

A renovación da praza de abastos e a súa contorna dará nos vindeiros meses un novo pulo unha vez que o goberno local xa a aprobou o proxecto de renovación das beirarrúas nos tramos que aínda quedaban por desenvolver, é dicir, unha pequena zona na avenida de Valle Inclán, a que remata o aparcamento, e toda a rúa de Alexandre Bóveda dende Valle Inclán ata o entronque con Arcebispo Lago. O investimento será de 88.000 euros nunha primeira fase. O concello quere sacar as obras a licitación tan pronto como administrativamente sexa posible.
27.11.2020. Despois de arranxar a segunda parte da plaza xeral, de adecuar a súa contorna e de renovar toda a cuberta da praza da verdura, o goberno de Alberto Varela, cumprindo co seu compromiso de seguir apostando pola praza e o mercado como dous elementos dinamizadores da economía local, quere dar un paso máis no acondicionamento da parte máis visible da praza. Na actualidade, as beirarrúas están formadas por lousas prefabricadas de cemento, bastante deterioradas, e un borde de granito que separa a beirarrúa do vial de asfalto que soporta tráfico, aparcamento en ringleira e zonas de carga e descarga.

Con esta imaxe é o coa que pretende acabar a proposta técnica deseñada polo arquitecto Iago Fernández. Na súa actuación sobre Alejandro Bóveda, obxecto da primeira fase, o técnico propón crear dous pasos de peóns elevados, un ao principio (conexión con Arcebispo Lago) e outra ao final (Valle Inclán). Como é obvio, a solución construtiva pasa por dar continuidade do xa feito entre 2017 e 2018. É dicir, solado de formigón en masa, respectando os ritmos e orientacións das xuntas de dilatación, coa intención de conseguir a maior uniformidade e integración construtiva, estética e ambiental en toda a contorna do conxunto que forman praza de abastos e mercado.

Utilizando a técnica do fratasado, as beirarrúas adquirirán un rugosidade que farán que sexan antideslizantes e, ao tempo, facilitarán a accesibilidade, pois se reduce ao mínimo calquera tipo de obstáculo. As beirarrúas terán un ancho de entre 2,6 e 2,8 metros e as zonas de aparcamento, de 4,5.

Como colofón á posta en valor de toda a praza e o mercado, o proxecto prevé tamén a instalación de luces decorativas na fachada principal do edificio que deseñada o arquitecto Gómez Román en 1929. Serán varios feixes de luz led, uns dende o solo e outros dende a mesma fachada e iluminación cara arriba, o que lle dará un aspecto máis teatral aínda.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -