_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
O CIM atendeu durante este ano a 347 mulleres, das que 116 son consideradas vítimas da violencia de xénero

O Centro de Información á Muller (CIM), integrado na Área de Igualdade, atendeu durante este ano a 347 mulleres, das que aproximadamente un terzo (116) teñen a consideración de vítimas de violencia de xénero. Para chamar a atención sobre este problema social, o Concello súmase por cuarto ano consecutivo á campaña “En Negro, contra as violencias machistas”. Ao longo deste 25 de novembro haberá varias actos reivindicativos, comezando pola lectura do manifestó diante da casa consistorial.
24.11.2020. A portavoz do goberno e concelleira de Igualdade, Tania García, advertiu que “o 25N son todos os días”, pero coincidindo con Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a Muller, o concello organizou unha serie de actos na liña dos que xa vén celebrando nos últimos anos e da campaña “En Negro...” na que participan tamén outros 143 de Galicia, ademais de empresas, comercios, institucións, centros educativos, etcétera.

O programa vilagarcián xa se puxo en marcha hai uns días coa entrega de diverso material didáctico e divulgativo entre los centros escolares do municipio, dende guías ata máscaras pasando por carteis e marcapáxinas. Mañá, día 25, haberá unha singular lectura do manifesto, con seis mulleres representativas no seu ámbito laboral e social lendo unha reivindicación dende cada unha das fiestras principais da casa consistorial. De cada un destes ocos se irá descolgando unha lona de gran formato que formará as palabras “non” a ambos lados da porta da entrada do edificio, que estará decorada un arco que dá a benvida a un “espazo libre de violencias machistas”.

Pola tarde, e da man do cine club Ádega, no salón García proxectarase, cumprindo con todas as medidas de protección do covid, o documental “La ola verde”, baseada no movemento social xerado na Arxentina hai dous anos con motivo do debate da lei do aborto.

Aparte de presentar o programa arredor do 25N, tanto Tania García coma Julia Barbosa, directora do CIM, fixeron balance do ano. Segundo dixeron, as atencións baixaron un 8%, aínda que é un dato que hai que tomar con cautela porque o confinamento supuxo un parón drástico nas demandas de atención. Con todo, no que vai de 2020, o Concello realizou 1.396 atencións a mulleres, das que 535 foron de recursos (axudas, etcétera), 514 de axuda sicolóxica y 228 de carácter xurídico. As mulleres atendidas foron 347 en total. De estas, 116 foron vítimas de violencia de xénero. De las 347 mulleres atendidas, 113 recorreron ao CIM por primeira. E de esas 113, 35 teñen la consideración de vítimas de violencia de xénero. Na actualidade, en Vilagarcía hai 53 ordes de afastamento en vigor.

Ao respecto, tanto García coma Barbosa reivindicaron que “por quen corresponda” se sexa máis áxil á hora de tramitar as peticións de acollemento para as mulleres que pasan por un episodio de violencia de xénero. Con asiduidade, argumentaron, tárdanse de 10 a 12 días en autorizar o seu ingreso nunha casa de acollida. Isto conleva, en moitos casos, que a denunciante desiste ou, no caso de seguir adiante, xera importantes gastos para os concellos, como é o caso do aloxamento á espera de que se decida a súa acollida.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -