_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O prendido das luces farase vía streaming coa presenza de Papa Noél, que interactuará cos nenos a través de Facebook e Youtube

Como consecuencia da actual crise sanitaria, o popular e xa tradicional prendido das luces de Nadal, previsto para o vindeiro venres, 27 de novembro, terá que facerse este ano dun xeito distinto, pero non por iso menos emotivo e ilusionante. Para evitar aglomeracións na praza de Galicia, Papa Noel chegará un pouco antes á cidade e, vía streaming, interactuará cos nenos e nenas que entren na páxina de Fabebook e no canal de Youtube do Concello. Axudado por un peculiar elfo, Papa Noel explicará como encara o Nadal e responderá ás cuestións que lle farán chegar os vilagarciáns.
23.11.2020. Despois de ver como chega á cidade procedente de Rovaniemi e logo de resolver, durante un bo rato, as que seguro que serán moitas dúbidas dos vilagarciáns tendo en conta as restricións de mobilidade, Papa Noel, na compaña do alcalde, procederá a pulsar o botón máxico que fará que todas as luces do Nadal prendan á vez. Isto quere dicir que xunto co cono da praza de Galicia, con 20 metros de altura, tamén o farán os 13 xardíns efémeros con decoración típica do Nadal que decorarán outras tantas rúas e prazas do municipio.
Dende o Concello anímase á xente a participar nesta singular forma de comezar o período festivo, evitando na medida do posible aglomeracións na rúas e, en calquera caso, mantendo a distancias de seguridade e usando máscaras. O goberno de Alberto Varela é plenamente consciente de que malia que as cifras do Covid van mellorando, aínda queda moito por camiño por andar e as festas serán este ano irremediablemente distintas, o cal non quere dicir que se teña que renunciar a vivilas nin ao ambiente que se xera arredor delas.
Se o prendido das luces será o venres, ao día seguinte porase en marcha a segunda fase da campaña de animación do comercio e hostalería “Son da Casa”, o que fará poñer en circulación 112.500 euros. Unha semana despois, botará a andar o mercado de Nadal, nesta ocasión distribuído en máis superficie para axudar a manter as distancias sen renunciar ao ambiente de celebración.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -