_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O Concello propón un convenio co Centro de Hidrobioloxía para analizar a potabilidade das fontes públicas

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Valera, e o Reitor da USC, Antonio López, visitaron esta mañá a Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con. A visita prodúcese despois de que a universidade reorganizase o sistema de dirección dos seus centros de investigación e tiña como obxectivo presentar aos novos responsables dos mesmos, así como amosar as instalacións e dar a coñecer as actividades que se desenvolven nelas. No transcurso da visita, Varela propuxo a firma dun convenio de colaboración entre o Concello e o centro de Hidrobioloxía para a análise de potabilidade da auga das fontes municipais.
20.11.2020.- Ademais do alcalde de Vilagarcía e do Reitor da USC, tamén participaron na visita o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey; o vicereitor de Investigación e Innovación da USC, Vicente Pérez; o coordinador científico da Rede de Estacións Biolóxicas da USC, Xosé Lois Otero; e o xefe da estación vilagarciá, Rufino Vieira. Foi este último, xunto cunha científica traballadora do centro, os que exerceron de anfitrións explicando o traballo que se desenvolve nas dependencias de Catroagudín.

Foi a raíz destas explicacións -en concreto en relación ao innovador e rápido sistema de analíticas que estaba a utilizar para determinar a potabilidade da auga mediante o uso dunha bacteria luminiscente- cando Varela Paz propuxo o acordo para que este método se utilice para manter o control das augas dos mananciais de Vilagarcía.

Ademais de servir como recoñecemento ao traballo que o centro ven desempeñando dende súa inauguración en 2004, a proposta de convenio é unha mostra do apio do Concello de Vilagarcía á continuidade desta labor. Unha aposta á que tamén se sumou o rexedor caldense ao anunciar a súa intención de renovar o convenio existente entre o seu Concello e o Centro de Hidrobiloloxía para á realización das analíticas de control da cianobacteria da microcistina nas augas do encoro de Caldas e na súa rede de abastecemento.

O vicereitor de Investigación recolleu as propostas con interese, asegurando que poríase de inmediato a traballar na redacción de ámbolos dous convenios.

O xefe da estación encargouse de guiar á delegación polas distintas dependencias explicando o tipo de traballo que se realiza en cada unha nelas (o laboratorio seco, o laboratorio húmido, a sala de óptica, a de informática, o almacén de pertrechos, a aula, a zona de despachos a sala de reunións…), así como a zona destinada ao aloxamento de investigadores invitados e participantes en cursos (habitacións con capacidade para 14 persoas, sala de estar, zona de cociña…).

Participación en proxetos internacionais

Rufino Vieira tamén informou aos presentes dos proxectos internacionais nos que participan actualmente os investigadores do Centro de Hibrobioloxía do Con xunto con técnicos de países como Portugal e Francia: O Live Invasqua, que estuda a loita de especies exóticas invasoras acuáticas; o Migranet ou “Observatorio das poboacións de peixes migratorios no espazo SUDOE”; ou o Diades, que ten como obxectivo mellorar o estado de conservación de especies de peixes diádromos como o salmón, a lamprea e a anguía, e garantir o impacto positivo que teñen na economía e na natureza.

Os rexedores de Vilagarcía e Caldas agracederon aos responsables da USC a invitación para coñecer de primeira man a Estación de Hidrobioloxía e amosáronse gratamente sorprendidos, tanto pola intensa labor de investigación que se realiza no centro situado ao pé do encoro do Con e a súa aplicación práctica ás problemáticas da contorna, como pola súa dotación e as excelentes instalacións.

Pola súa banda, o Reitor da USC, comentoulles que a intención da universidade é a de continuar promovendo esta labor, que o centro siga traballando en proxectos de investigación internacionais e incluso potenciar a faceta docente.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -