_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO RURAL
O Concello adxudica o luns o acondicionando e mellora da seguridade viaria na rúa Xiabre, en Trabanca Sardiñeira

A Xunta de Goberno Local aprobará na xuntanza do luns a proposta da Mesa de Contratación para adxudicar á empresa Construcciones Ponciano Nieto a obra de Acondicionamento da Rúa Xiabre, en Trabanca Sardiñeira. A actuación, incluída no Plan municipal de camiños rurais, permitirá elevar a seguridade viaria deste camiño á vez que mellorar as condicións de accesibilidade ás explotacións agrícolas que se atopan ás súas beiras. O Concello inviste nesta obra 107.511 euros para cuxo financiamento conta cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Os traballos teñen un prazo de execución de dous meses.
14.11.2020.- A obra a realizar prevé actuar ao longo de un quilómetro da devandita Rúa Xiabre, aproximadamente no tramo comprendido entre o cruce coa Rúa Loureiro, na parroquia de Trabanca Sardiñeira, e ata a Rúa O Monte, xa chegando á de Bamio. A obra permitirá subsanar o estado de deterioro que presenta o firme, con amplas zonas atravesadas por fendas e outras con fochas. Ademais, resulta necesario ensanchar a vía nas zonas onde sexa posible co obxecto de garantir o cruce seguro dos vehículos que circulan por esta vía de dobre sentido e tamén para facilitar o acceso de maquinaria agrícola e camións ás explotacións agrícolas existentes na zona.

Segundo se especifica no proxecto, ademais de preparar a plataforma nas zonas nas que se vai a ampliar a calzada, os traballos consistirán na apertura de caixas nas superficies afectadas polas raíces das árbores e o posterior recheo co material axeitado. No resto da calzada realizaras un varrido mecánico, perfilaranse as cunetas para o correcto drenado de augas pluviais e botarase unha nova capa de rodadura con rego de adherencia.

A Xunta de Goberno tamén aprobará o luns o Plan de Control de Calidade da obra, polo que os traballos poderán comezar tan pronto como a adxudicataria presente a documentación e se proceda á firma do contrato.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -