_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Setenta e cinco persoas aspiran a recibir a formación especializada ofertada por Concello e Fundivisa

Un total de 75 traballadores desempregados de Vilagarcía aspiran a participar no curso gratuíto de formación especializada que organiza a Concellería de Emprego e Promoción Económica do Concello en colaboración coa empresa Fundivisa e para o cal se ofertan 15 prazas. A gratuidade da formación, financiada polo Concello, así como o compromiso da empresa de contratar ao 30% dos participantes (no curso (4 persoas) foi a causa da gran resposta que esta iniciativa entre o colectivo de desempregados a iniciativa promovida polo Concello co dobre obxectivo de proporcionar ás empresas man de obra cualificada e facer descender a taxa de paro no municipio.
03.11.2020.- Tras pecharse onte o prazo de inscrición, o xoves e o venres celebrarse a selección dos 15 participantes. Persoal do departamento de Recursos Humanos de Fundivisa entrevistará aos 75 aspirantes para elixir aos que máis se axusten ao perfil necesario para desempeñar as funcións sobre as que se formarán a partir do luns, 9 de novembro. Na lista de candidatos hai tanto homes como mulleres de diferentes grupo de idades, aínda que maioritariamente xóvenes. Un representante do Concello participará na comisión seleccionadora.

A través deste innovador programa de 90 horas lectivas de duración, os alumnos recibirán formación teórico-práctica para a obtención de moldes e machos con procedementos manuais, unhas labores moi específicas que precisan as empresas de fundición como Fundivisa ou outras do sector metalúrxico. Desta forma resólvese a principal problemática coa que se atopan estas industrias á hora de contratar traballadores, posto que nos ciclos formativos regrados existentes non se ofrece formación práctica tan concreta. Para salvar este obstáculo, a formación será impartida por persoal técnico especializado nas propias instalacións de Fundivisa e utilizando a súa maquinaria.

Unha parte dos alumnos que completen ese curso terán unha saída laboral inmediata na propia empresa e os restantes verán ampliadas as súas posibilidades de empregabilidade noutras empresas do sector ao contar coa formación específica. Segundo se establece no convenio de colaboración asinado entre o Concello e Fundivisa, os contratos serán a xornada completa e terán unha duración mínima de 3 meses, prorrogables en función das necesidades da factoría.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -