_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
A convocatoria das axudas municipais a estudos superiores sáldase con 202 solicitudes

A convocatoria das axudas municipais para a realización de estudos universitarios e de ciclos superiores de FP saldouse coa presentación de 202 solicitudes, un número lixeiramente superior ao rexistrado o ano pasado cando se recibiron 195 peticións. A Concellería de Educación deberá resolver antes de que finalice o ano as solicitudes da liña de subvencións cuxa partida incrementouse este ano con 20.000 euros máis, pasando a dispor dun montante total de 60.000 euros para financiar as axudas que serán de 400 euros para estudos universitarios e de 200 para ciclos superiores de FP que se cursen fora do termo municipal.
31.10.0.- Pechado o prazo de recepción, os técnicos da Concellería de Educación deberán comprobar que as solicitudes cumpren os requisitos da convocatoria e avaliar a situación económica dos solicitantes en base aos baremos que se recollen nas bases, posto que estas subvencións concédense para axudar ás familias con menor poder adquisitivo. Ademais de ter que estar empadroados en Vilagarcía, outro dos principais requisitos para acceder a estas subvencións é que, en caso de estudos universitarios ou de nivel similar, os alumnos teñan cursado un mínimo de catro materias anuais ou un mínimo de 30 créditos por curso. No caso dos ciclos superiores esíxese que os estudos se realizasen na modalidade de dedicación a tempo completo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -