_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O servizo municipal de Normalización agasalla a 350 escolares con libros en galego

Os alumnos de 5º curso de Primaria de todos os colexios do municipio recibirán mañá un agasallo por deferencia do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vilagarcía. Trátase dun libro ilustrado con textos e poemas de Fina CasaLderrey, que se acompaña dun CD coas adaptacións musicais dalgúns dos textos xunto cunha rescolma de música popular galega. O reparto dos 350 exemplares de “Lingua Guapa: Cantos que contan” realizarase mañá en todos os centros de primaria.
29.10.2020.- O reparto de libros en galego entre escolares é unha iniciativa que o departamento de Normalización Lingüística de Vilagarcía leva realizando nos últimos tres anos e ten como obxectivo a promoción e dinamización da lingua galega entre a poboación infantil e xuvenil. Este tipo de accións destinadas aos máis novos permítenlles achegarse a autores e obras emblemáticas da nosa lingua dun xeito lúdico e didáctico, favorecendo a interiorización, normalización e uso do idioma dende idades temperás.

Os poemas e textos da escritora e académica da lingua Fina Casalderrey que se recollen nesta obra están musicalizados por Néstor Blanco e contan coa colaboración da cantante Xoana e dos coros Infantil García Limeses e do CEIP Álvarez Limeses, de Pontevedra, acompañados de coñecidos músicos do panorama musical galego. Os dous temas recitados por Fina Casalderrey levan o acompañamento do dúo de música tradicional galega Ballestrinque.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -