_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O curso gratuíto de formación especializada ofertado por Concello e Fundivisa recibe 17 inscricións só o primeiro día

O curso de formación especializada que organiza a Concellería de Emprego e Promoción Económica do Concello de Vilagarcía en colaboración coa empresa Fundivisa está tendo unha excelente acollida. De feito, tan só o primeiro día da apertura do prazo de inscrición presentáronse nada menos que 17 currículos de persoas desempregadas interesadas en participar nesta innovadora proposta que ten como principais atractivos que é de balde para o alumnos e que se compromete a contratación na mesma empresa do 30% dos participantes.
28.10.2020.- Dende a área que dirixe Alba Briones lémbrase que o prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro luns, día 2 de novembro, e que os interesados deben presentar os seus currículos na Oficina de Orientación Laboral do Concello. Os requisitos para inscribirse son estar empadroados en Vilagarcía e atoparse en situación de desemprego.

Nesta experiencia piloto, promovida polo Concello e que conta coa colaboración de Fundivisa, poderán participar 15 persoas. Os alumnos serán seleccionados entre todos os aspirantes por unha comisión composta por responsables da empresa e do Concello para o que se terán en conta os perfís que máis se adapten á formación a recibir e aos traballos a desempeñar.

O curso consta de 90 horas lectivas de formación teórica e práctica, será impartido nas instalacións da fundición situada no polígono do Pousadoiro por persoal docente especializado e comezará o día 9 de novembro.

O Concello de Vilagarcía financia os custes da formación mentres que Fundivisa colabora poñendo a disposición da acción formativa as súas instalacións e maquinaria e comprometéndose a contratar ao remate da actividade a 4 dos alumnos participantes. Segundo se establece no convenio de colaboración asinado entre o Concello e a empresa, os contratos serán a xornada completa e terán unha duración mínima de 3 meses, prorrogables en función das necesidades da factoría.

O Concello promove esta actividade atendendo a unha necesidade trasladada polas industrias de Vilagarcía que se atopan con moitas dificultades para dispor de persoal cualificado e debidamente formando para poder realizar procesos específicos dunha determinada actividade. Neste caso, os alumnos aprenderán a realizar procesos de elaboración de moldes e machos a través de procedementos manuais, un traballo que precisa Fundivisa e que vale para calquera empresa de fundición ou que traballe este tipo de procesos metalúrxicos.

Unha parte dos alumnos que completen ese curso terán unha saída laboral inmediata na propia empresa e os restantes verán ampliadas as súas posibilidades de empregabilidade noutras empresas do sector ao contar coa formación específica.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -