_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
Comeza a medición de aforos para determinar o plan de tráfico no barrio do Piñeiriño

A empresa ICEACSA, contratada polo Concello de Vilagarcía para realizar o estudo de tráfico no barrio do Piñeiriño, comeza mañá, mércores 28 de outubro, a instalar os equipos que durante unha semana medirán os aforos de circulación de vehículos nesta zona do municipio. A realización deste estudo foi un compromiso adquirido polo goberno local coas comunidades de veciños do barrio durante as conversas sobre o plan de humanización que o Concello pretende levar a cabo no Piñeiriño e que comezará coa peatonalización dun tramo da Rúa Camilo José Cela. Os resultados desta medición de aforos servirán de base para deseñar a reordenación do tráfico que conlevará a peatonalización, garantindo os correctos accesos e saídas ao barrio e a fluidez do tránsito dentro del.
27.10.2020.- Para realizar o estudo instalaranse sete puntos de medición de aforos. A localización dos equipos determinouna a propia empresa en base aos criterios técnicos necesarios para os obxectivos a alcanzar. Para avaliar a situación do tráfico nos accesos e saídas ao barrio, colocaranse dous medidores na Avenida de Cambados (un antes do cruce coa rúa Mondaríz e outro antes da rotonda do vial portuario), outro no remate da avenida Doutor Tourón, chegando ao cruce con Vista Alegre, e un cuarto en Pablo Picasso. E no que afecta ao interior do barrio do Piñeiriño, instalaranse medidores de aforo nas rúas Camiño José Cela e Fontecarmoa.

Dado que tamén se pode entrar e saír do barrio a través do enlace co vial portuario e a vía rápida pola zona do pavillón de deportes de Fontecarmoa, a empresa tamén terá en conta os aforos de tráfico destas vías facilitados polas administracións competentes que fan estudos periódicos das mesmas.

Para que os datos recollan a situación real do tráfico nesta zona, as medicións abarcarán un período dunha semana. A partir do estudos dos datos relativos á intensidade do tráfico no interior do barrio e nas vías de entrada e saída, así como da análise dos fluxos circulatorios, a empresa sentará as bases do plan de tráfico que se elaborará para adaptar o tránsito de vehículos á nova situación creada coa peatonalización.

A idea inicial do Concello é trasladar o acceso principal ao barrio ao cruce da avenida de Cambados coa rúa Mondaríz, e incluso estudar a posibilidade de habilitar unha rotonda na encrucillada de Doutor Tourón coas rúas Vista Alegre e Fontecarmoa a efectos de aportar fluidez á hora de saír desta última. A decisión final dependerá do resultado do estudo cuxos traballos de campo comezan mañá co inicio das medicións de aforos.

O Concello decidiu esperar ao outono para levar a cabo este estudo de aforos para ter en conta o tráfico do transporte escolar, dado que no Piñeiriño e na zona de Fontecarmoa se emprazan dous centros educativos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -