_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Concello e empresas seguen a traballar nas estratexias para o desenvolvemento económico

A Mesa de Diálogo da que forman parte o Concello de Vilagarcía e as principais empresas do municipio volveu a reunirse hoxe para continuar avanzando nas estratexias e medidas a poñer en marcha para promover e facilitar o desenvolvemento empresarial e industrial do municipio e, consecuentemente, potenciar a economía local. A reunión, que inicialmente ía ser presencial, tivo que celebrarse finalmente de xeito telemático tras terse intensificado as restricións polo covid. Presidida polo alcalde, Alberto Varela, e coa presenza da concelleira de Promoción Económica, Alba Briones e técnicos do seu departamento, participaron na xuntanza responsables de oito firmas.
27.10.2020.- A reunión, a terceira desta Mesa sectorial dende que se creou o pasado ano, serviu para que a concelleira de Promoción Económica dera conta das actuacións realizadas ata o de agora en cumprimento dos acordos que se foron adoptando e das necesidades apuntadas polos empresarios. Ademais de informar do remate da instalación de dúas novas bocas de incendios no polígono de Bamio, amosóuselles as propostas dos paneis informativos a colocar nos principais accesos dos parques empresariais para informar das empresas alí instaladas.

A concelleira aproveitou para presentarlles aos presentes o plan de formación especializada que o Concello pon en marcha coa colaboración de Fundivisa, ofrecéndolle ao resto das empresas participar en iniciativas similares. Os empresarios acolleron con moito interese a proposta, quedando en determinar entre empresas do mesmo sector a formación común que lles poida interesar para os seus procesos produtivos de cara a realizar novas accións formativas conveniadas co Concello e con compromiso de contratación, como a que comeza en novembro con Fundivisa.

Briones tamén lembrou aos empresarios que o Concello ten aberta a convocatoria de axudas á contratación por conta allea á que se poden acoller as empresas que contraten a traballadores desempregados empadroados en Vilagarcía ou consoliden a situación laboral de persoal que xa teñan en plantilla. Por último a concelleira tamén lles comentou a idea de establecer unha estratexia ou plan de captación de investimentos para o municipio Vilagarcía, proposta que se afondará en próximos encontros da Mesa que, a petición dos participantes, tratarase de que se celebren de forma presencial para que o seu desenvolvemento sexa máis dinámico e fluído entre todos os asistentes.
Por último, e tamén a petición dos empresarios, o Concello comprometeuse a trasladarlles periodicamente os datos sobre a taxa de desemprego por sectores que publica mensualmente a Xunta de Galicia.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -