_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
As exposicións do CURTAS poderán visitarse tamén os domingos durante a celebración do festival que comeza hoxe

Con motivo do inicio do CURTAS- Festival do Imaxinario a Concellería de Cultura amplía o horario de visitas da Sala Rívas Briones onde, dende hai semanas e como aperitivo ao certame audiovisual, se exhiben as exposicións “Allien Experience” e “Alice, de Pasqual Ferry”. A sala abrirá as súas portas tamén os domingos dende esta semana e ata o 22 de novembro.
23.10.2020.- Coincidindo coas datas do propio festival, a Sala Rivas Briones abrirá este domingo, 25 de outubro e o seguinte, o 1 de novembro, de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas. Os tres domingos seguintes tamén se poderán visitar es exposicións coas ilustracións de Pasqual Ferry e coas figuras, recreacións e escenarios das películas das sagas Allien, Predator e mesmo de ET. Neste caso son os domingos 8, 15 e 22 de novembro e só con horario de mañá, de 11 a 14 horas.

Por outro lado, lémbrase que dende hoxe e ata o vindeiro domingo, 1 de novembro, Vilagarcía acolle a intensa programación organizada no marco do CURTAS. Proxeccións de longametraxes, visualizacións públicas das curtas seleccionadas a concurso, obradoiros, presentacións e formas de libros, encontro con autores e clases maxistrais, son so algunhas das actividades previstas. O programa completo con horarios e reserva de praza pódese consultar na web curtas.org.

PROGRAMACIÓN PARA A FIN DE SEMANA
SÁBADO
• 11:00 h - sab 24 |Clase Maxistral: Stop Motion por Sam (Conexión Directo) | Sala Conferencias do Auditorio. Gratis
Tras unha traxectoria na que acadou varios premios internacionais tanto con longametraxes coma curtametraxes, Sam é sinónimo dun maxistral traballo na técnica de stop-motion con títulos coma "Pos Eso", "Werepig", "Vicenta" ou "El ataque de los Kriters Asesinos"
• 12:00 h - sab 24 | Pequecurtas: A Viaxe De Chihiro | Salón García. Gratis
Película de| Animación para todos os públicos. Dir. Hayao Miyazaki | Xapón | 2001 | 124 min | Chihiro é unha nena de dez anos que viaxa en coche cos seus pais. Logo de atravesar un túnel, chegan a un mundo fantástico, no que non teñen lugar para os seres humanos, só para os deuses de primeira e segunda clase. Cando descobren que os seus padres foron convertidos en cerdos, Chihiro síntese moi soa e asustada.
• 16:00 h - sab 24 | Longametraxe: Unearth | Salón García. Gratis
VOSE | +16 | Dir. John C. Lyons, Dorota Swies | EUA | 2020 | 94 min | Estrea en España | Dúas familias que entran nunha disputa cando unha delas decide cederlle as súas terras a unha compañía especializada na extracción de gas e petróleo. No medio da tensión surxirá do interior da terra unha presenza que durmiu durante anos.
• 17:00 h - sab 24 | Obradoiro de Banda Deseñada | Seminario 2 do Auditorio. Gratis
Público infantil de 6 a 13 anos. Obradoiro de iniciación á Banda Deseñada: Bases para narrar unha pequena historia a través de viñetas. Personaxes, o tema, nocións básicas de encadre e recursos expresivos. 90 min
• 17:30 h - sab 24 | Presentación do libro “Contos Arrepiantes ao Carón da Lareira”. Sala Conferencias. Gratis
Este ano O curtas celebra o 2º concurso de ilustración e O 3º de Conto Fantástico en Galego baixo o título Contos Arrepiantes para contar ao carón da lareira e edita un volume cos 10 relatos e ilustracións gañadores e finalistas, dándolle unha oportunidade ao novo talento galego e contribuíndo ademáis a difusión e a creación de nova literatura en galego. O Concurso de relatos foi coordinado polo escritor Xosé Duncan, mentras que o de ilustración tivo a coordinación de Carlos Dalmeida. A ilustración gañadora, así como as nove finalistas, están expostos na céntrica Praza de Galicia de Vilagarcía de Arousa, sacando a arte destes novos creadores á rúa e achegándoa a todo o mundo.
• 17:30 h - sab 24 | Teatro Clámide: “O Ministerio do Tempo” | Praza Peixería. Gratis
Para todos os públicos. "Compra a destempo" é unha obra sobre cando Vilagarcía case perde a praia de Compostela por un recibo de 150 pesetas
• 17:45 h - sab 24 | Longametraxe: Christine | Salón García .Gratis
VOSE | +16 | Dir John Carpenter | EUA | 1982 | 110 min | Christine é un Plymouth Fury de 1958 que saiu dunha cadea de montaxe de automóviles de Detroit, pero non é un coche calquera. No fondo do seu chasis alóxase o mesmísimo demo.
• 18:35 h - sab 24 | Obradoiro Escrita Activa | Seminario 1 do Auditorio.Gratis

• 18:15 h - Sab 24 | Encontro con Javier Olivares | Sala Conferencias do Auditorio. Gratis
Coñece ao creador, guionista e showrunner de "El Ministerio del Tiempo", Javier Olivares, nun faladoiro no que descubrirás o nacemento da serie e moitas outras cousas.
• 19:15 h - Sab 24 | Encontro con Manel Loureiro. Presentación "La Puerta" | Sala Conferencias do Auditorio. Gratis
O autor da saga "Apocalipsis Z" presenta a sua nova obra "La Puerta". Manel Loureiro e colaborador en La Voz de Galicia, El Mundo, Cadena Ser, Onda Cero e Cuarto Milenio
• 20:00 h - Sab 24 | Curtametraxes: Sesión Oficial Fantástico 2 | Salón García. Gratis
VOSE | +18 | Títulos Fantástico: Abandoned, Blue & Malone: Casos Imposibles, Existe!, Regarde Ce Que Tu As Fait!, Snake Dick |
Fantástico Animación: El Libertario
Fantástico Feito En Galicia: La Penumbra

• 20:15 h - Sab 24 | Clase Maxistral: O Resplandor por Angel Sala | Sala Conferencias dio Auditorio. Gratis
O director do Festival de Sitges falará sobre o filme de Stanley Kubrick sobre a novela de Stephen King no seu 40 aniversario
• 21:30 h - Sab 24 | Longametraxe: O Resplandor + Entrega Premio Ángel Sala. Salón García. Gratis.
Retrospectiva | VOSE | +16 | The Shinning de Stanley Kubrick, 40ª aniversario. Versión americana con vinte minutos mais de metraxe
DOMINGO
• 12:00 h - Dom 25 | Curtametraxes: Sesión Documentais 1 + Videoarte | Salón García. Gratis
VOSE | +18 | Curtas Documental: "40 Años de Refugio", "Der Engel der Geschichte"
Docu Feito En Galicia: "Cartografía do Esquecemento", "Petiscos de Pato" |
Curtas Videoarte: "Fallen, "Ninti", "Rewild", "We_re in the Same Dance" | VIDEOARTE Animación: "Ties", "We_Sounds" |
Videoarte Feito En Galicia: "Una"
• 16:00 h - Dom 25 | Longametraxe: “Creepshow” | Salón García. Gratis
Retrospectiva | VOSE | +16 | Dir: George A. Romero | EUA | 1982 | 120 min. | Cinco historias de terror creadas por Stephen King, enmarcadas dentro das páxinas dun libro de banda deseñada que un insensible pai lle tirou ao lixo ao seu fillo.
• 17:00 h - Dom 25 | Presentación Libro: “Guerreiras de Lenda” de Maite Mosconi | Sala de Conferencias do Auditorio. Gratis
Libro Infantil/ Xuvenil | A escritora presentanos un compendio de relatos, poemas e actividades divertidas con mulleres protagonistas da mitoloxía galega
• 18:15 h - DOM 25 | Curtametraxes: Sesión Outros Xéneros: Ficción 1 | Salón García. Gratis
VOSE | +16 | SESIÓN Curtas Ficción: ¿Sigues Ahí?, El Tratamiento, A La Cara, Emilia, Burqa City, Coming Back
Ficción Animación: “Roberto”
• 18:15 h - Dom 25 | Presentación Libro: “Minimortos: Benvido ao outro barrio” de Ledicia Costas e Mar Villar | Sala Conferencias. Gratis
Libro Infantil/ Xuvenil | Esta primeira entrega da nova saga de Ledicia Costas e Mar Villas preséntanos a Pochiña, Maya, Dinamito e Penoso, nenos e nenas de ultratumba, cas súas historias arrepiantes cheas de humor e sabedoría.
• 19:30 h - Dom 25 | Clase Maxistral: Alien, Unha Teoría Sexual (Xénero, Monstros e Ciencia Ficción) Por Xan Eguía | Sala Conferencias. Gratis
O filósofo e profesor Xan Eguía reflexiona sobre as múltiples formas de exercer a violencia e a dominación sobre a muller a través do cinema e o cómic. Non voltarás a ver a Ripley, Sarah Connor, Lisbeth Salander ou Hulka da mesma maneira.
• 20:00 h - Dom 25 | Longametraxe: “Al morir la matinée” coa presenza do director Maximiliano Contenti | Salón García. Gratis
Fantástica Latinoamérica | VOSE | +18 | Dir: Maximiliano Contenti | Uruguay/Arxentina | 2020 | 84 min | Estrea en Galicia | Montevideo, ano 1993. Un cine con certo aire decadente está aberto proxectando unha película de terror. A sala non conta co seu proxeccionista habitual, reemprazado pola súa filla. Nesta tardía función, aparecerá un sombrío personaxe coa intención de acabar coa vida de todos os espectadores.
• 20:30 h - Dom 25 | Presentación Libro: “O derradeiro decembro infinito” de Xosé Duncan | Sala Conferencias. Gratis
O escritor preséntanos o seu derradeiro traballo. Unha historia creada con bágoas de letras e música. Unha alma que prega por atoparse nas curvas da espiral de Decembro.
22:00 h - Dom 25 | Longametraxe:”The Dead Zone” | Salón García. Gratis
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -