_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Varela celebra a recuperación do tren a Madrid “porque incidirá no crecemento socioeconómico de Vilagarcía e da súa comarca”

O anuncio do novo servizo ferroviario que comezará a operar o martes e que permitirá que Vilagarcía volva a dispor de conexión directa con Madrid é “unha excelente noticia para Vilagarcía e para a súa comarca”, en palabras do alcalde, Alberto Varela, que destacou o carácter estratéxico que a efectos de desenvolvemento social e económico suporá contar cun tren diario á capital do Estado. O rexedor celebrou que a batalla emprendida polos socialistas vilagarciáns hai xa anos teña culminado co éxito desexado, destacando que foi o executivo de Pedro Sánchez o que dou cumprimento a esta antiga reivindicación de Vilagarcía.
22.10.2020.- O novo servizo que comeza a prestarse o martes, 27 de outubro, permitirá coller o tren na estación de Vilagarcía calquera día da semana ás seis da mañá para chegar a madrileña estación de Chamartín ás once da mañá, en tan só cinco horas. O tren de regreso saíra deste mesmo punto ás seis e vinte da tarde para deterse en Vilagarcía ás once e vinte da noite.

Varela Paz comentou as grandes posibilidades que se abren para os vilagarciáns e veciños dos municipios da contorna, e a comodidade que supón poder ir e vir a Madrid no mesmo día e dende a nosa localidade, “o que facilitará a realización de xestións ante organismos oficiais do Estado e os desprazamentos por motivos laborais, de negocios ou para acudir a eventos como feiras ou congresos. Pero non so iso, tamén suporá unha gran avantaxa para universitarios que cursan estudos na capital, a maiores da repercusión no turismo, xa que se abre unha nova vía rápida e económica para atraer visitantes durante todo o ano”.

Sete anos de xestións

O grupo municipal socialista emprendeu hai uns sete anos a batalla para conseguir que, coa chegada da alta velocidade ferroviaria a Galicia e os cambios que elo conlevaría, o tren a Madrid volvese ter parada na estación de Vilagarcía, como acontecía ata 1958. As xestións comezaron cando os socialistas aínda eran oposición en Ravella e co goberno do PP de Mariano Rajoy en Madrid. A primeira iniciativa asinada polos socialistas foi unha moción que levaron ao Plano e que contou coa respaldo de toda a Corporación. As xestións intensificáronse e colleron pulo ao recuperar os socialistas a Alcaldía en 2015. A so un mes de tomar posesión, en xullo de 2015, o alcalde, Alberto Varela volveu a reclamar que a alta velocidade devolvera a Vilagarcía a conexión directa con Madrid. Ante o silencio do executivo popular, en xaneiro de 2016 o rexedor solicita unha entrevista coa entón ministra de Fomento, Ana Pastor. A reunión chegou no mes de maio, nun encontro na Subdelegación do Goberno de Pontevedra, onde Pastor toma nota da proposta. Pasados dous anos sen que se movera peza, e unha vez que os socialistas volven á Moncloa, en outubro de 2018 o rexedor solicita unha entrevista co ministro de Fomento, José Luía Ábalos, para volver a demandar o asunto. Nun encontro celebrado un mes despois, Ábalos amósase moi receptivo á petición e aos argumentos expostos polo alcalde e a tenente de alcalde, Tania García, e comprométese a estudar persoalmente o asunto. A un mes de cumprirse dous anos, e coincidindo coa apertura dun novo tramo da liña de alta velocidade que acurtará os tempos da viaxe entre Galicia e a capital do Estado, Fomento anuncia que Vilagarcía contará cunha conexión diaria a Madrid a partir da vindeira semana.

Alberto Varela pon en valor todo o traballo e as xestións realizadas durante este tempo polo seu equipo asegurando que “valeu a pena, polo beneficio que isto supón para toda a comarca” e aproveitou para agradecer ao ministro Ábalos, “non so á atención dispensada, senón que teña demostrado ser un político de palabra e ter cumprido con tanta dilixencia o compromiso adquirido con Vilagarcía”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -