_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Centro de Hidrobioloxía do Con continuará cos proxectos de investigación e acollerá alumnos en prácticas

Os cambios organizativos e directivos introducidos pola Universidade de Santiago de Compostela nos tres centros de investigación cos que conta en Galicia non afectará á actividade científica que están a desenvolver, que continuará e se implementará con máis actividade docente e incluso co acollemento de alumnos en períodos de prácticas. Así o puxo de manifesto o reitor da USC, Antonio López, durante a reunión que mantivo esta tarde no Concello co alcalde, Alberto Varela, para informarlle da nova situación do Centro de Hidrobioloxía do Con, por cuxo futuro o rexedor manifestara a súa preocupación dende que se coñeceu a destitución de Fernando Cobo -o que foi o seu director dende a posta en marcha da estación emprazada no encoro de Castroagudín- e a eliminación da figura do alcalde da Xunta de Goberno do centro, tal como estaba recollido nos estatutos iniciais do centro.
06.10.2020.- O reitor explicou que o cambio de dirección débese aos cambios organizativos que está a facer a USC opara optimizar o funcionamento dos tres centros de investigación (o de Vilagarcía, Ferrol e O Courel), que pasarán a funcionar en rede e baixo a dirección dun coordinador único que supervisará todas as actividades. Ademais, insistiu en que a universidade seguirá contando con Cobo, ao que recoñeceu o gran valor da súa labor no eido da hidrobioloxía, e garantiu que se manterán todos os postos de traballo ligados á estación do Con, aspecto que tamén preocupaba en Ravella.

Varela Paz agradeceu a López o detalle de terse desprazado a Vilagarcía para afondar nas explicacións iniciais dadas a semana pasada vía telefónica sobre os cambios introducidos no centro e manifestou a súa satisfacción porque a estación referente na investigación de ecosistemas de auga doce en Europa siga funcionando en Vilagarcía co persoal actual, desenvolvendo proxectos de investigación e servindo de plataforma de lanzamento para os estudantes que aspiran a dedicarse a esta rama da ciencia.

O reitor tamén se comprometeu a volver a Vilagarcía dentro dunhas semanas para acompañar ao rexedor a unha visita ao centro de Hidrobioloxía do Con.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -