PATRIMONIO
O Concello encarga os proxectos de restauración da fonte de Rafael Pazos e de limpeza dos leóns de Ravella O Concello de Vilagarcía planea dúas novas actuacións de conservación e mantemento do patrimonio local. Neste caso, trátase da restauración e acabado da fonte da Praza de Rafael Pazos, en Vilaxoán, e da limpeza dos leóns e das xerras de pedra de Ravella. A Xunta de Goberno acordou hoxe encargar á restauradora Iria López a redacción dos proxectos de actuación que, por tratarse de bens de interese histórico e patrimonial, deberán ser aprobados pol.a Dirección Xeral de Patrimonio.
05.10.2020.- A actuación máis laboriosa é a prevista na Fonte de Rafael pazos, onde, ademais de limpar a pedra e realizar as labores de restauración que sexa preciso, tamén se procederá a reparar a columna central da fonte, recolocando a peza ornamental desprendida da parte superior da mesma. Ademais, eliminarase o verdín acumulado na zona interior do vaso e farase unha limpeza xeral da pía.
No caso das esculturas dos leóns e as xerras de pedra de Ravella, a actuación que se quere realizar é máis sinxela posto que soamente consistiría na limpeza da pedra.
Unha vez que a restauradora teña redactadas as memorias de actuación, remitiranse a Patrimonio para que as supervise e, unha vez autorizadas, contratar os traballos para a súa inmediata execución.