_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
Vilagarcía manterá o Mercado de Nadal para seguir contribuíndo á recuperación da economía local tras o covid

Concellería de Promoción Económica do Concello de Vilagarcía decidiu celebrar tamén este ano o Mercado de Nadal. A iniciativa que naceu ao ano pasado coa intención de engadir contidos á oferta festiva, complementar a ambientación de rúa e dinamizar a actividade comercial e hostaleira da cidade durante estas festas, adquire nesta ocasión mais relevancia si cabe, dada a necesidade que ten o sector comercial de repoñerse das consecuencias dos peches durante o estado de alarma. Ademais, en vista de que as restricións sanitarias impostas para previr o covid apuntan a que o deste ano será un Nadal atípico, na decisión de celebrar o Mercado de Nadal incidiu tamén a necesidade de que as festas manteñan o brillo e a alegría que as caracteriza con actividades que, como esta, resultan axeitadas ás circunstancias, por discorrer ao aire libre e nas que se pode controlar e garantir o cumprimento das normas de seguridade.
03.10.2020.- Como o ano pasado, o Mercado de Nadal situarase na Praza da Independenza, podendo repartirse pola súa contorna para unha maior distribución e separación de postos e visitantes. O Concello disporá as 16 casiñas de madeira adquiridas na pasada edición para poñer a disposición dos comerciantes que se sumen á proposta. Por decontado, a actividade debe centrarse na temática de Nadal polo que os produtos a exhibir e vender deben gardar relación con esta celebración: gastronomía tradicional de Nadal, plantas e árbores de Nadal, artigos de decoración típica destas datas, agasallos, artesanía, xoiería, bixutería, xoguetes e demais…

Os destinatarios principais do Mercado de Nadal son os comerciantes e artesáns locais, que terán prioridade á hora de adxudicarse os postos, aos que poderán optar por períodos semanais, pudendo reservar unha semana, dúas ou as tres que está previsto que dure o mercadiño. O Concello reserva este ano unha caseta para as ONGs, Fundacións e outras entidades de carácter social e sen ánimo de lucro radicadas no termo municipal que irán rotando durante uns días para poden exhibir e poñer á venta os traballos que realizan nos seus obradoiros.

A diferenza da pasada edición, o Concello xestionará directamente tanto a organización como o funcionamento do Mercado de Nadal deste ano. A Concellería de Promoción Económica está ultimando as bases que regularán a convocatoria que, tan pronto sexan aprobadas pola Xunta de Goberno se farán públicas para que os interesados coñezan os requisitos de participación. Será a partir dese momento cando se abra o prazo de inscrición. Maila isto, os interesados en participar ou en recibir información poden facelo previamente a través do correo electrónico tle@vilagarcia.gal
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -