_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello adxudica a Liberbank o préstamo de 1.700.000 euros incluído no orzamento de 2020

O Concello de Vilagarcía adxudicou a subscrición do crédito por importe de 1.700.000 euros incluído no presuposto municipal de 2020. A operación bancaria adxudicouse a Liberbank por ser a súa a oferta máis vantaxosa das cinco entidades que se presentaron ao concurso. Os fondos destinarase na súa totalidade a sufragar as actuación recollidas no Plan de Investimentos que financia integramente o Concello e que inclúe a realización de obras de diversa índole, así como a adquisición de maquinaria e equipamentos para os servizos municipais. A operación subscribiuse por un prazo de 10 anos, aínda que o Concello poderá realizar amortizacións anticipadas, procedemento habitual nos últimos anos dada a boa situación financeira das arcas municipais.
30.09.2020.- As actuacións máis salientables previstas no plan de investimentos do orzamento en curso son as obras de ampliación da piscina municipal (dotadas con 600.000 euros do crédito) e a adquisición dun local para habilitar un Punto de Encontro Familiar (con 100.000 euros). Pero tamén se financiarán a través desta vía outras moitas actuacións, como a adquisición de maquinaria para o parque móbil do Servizo Obras, Vías Públicas (190.530 euros); a compra de sistemas de Comunicación, chalecos, fundas e radar pedagóxico para a Policía (145.200); a implantación dun sistema de control en vía peonil (63.000); a remodelación das pistas de skate do Cavadelo (50.000); o acondicionamento de vestiarios no campo fútbol Bamio (43.000); a redacción de proxectos de obras (150.000); actuacións de accesibilidade (100.985) e en praias (36.500 euros); a demolición dun edificio en Rodrigo Mendoza (30.000); o saneamento na rúa Rúa Miramar (20.652); a elaboración do proxecto para a posta en valor dos petróglifos (15.000); a adquisición dunha carroza nova para os desfiles das festas (35.000); a compra de maquinaria para o servizo Xardíns (18.000); para subministro de mobiliario urbano (18.000) e das cámaras de seguridade para Sala Rivas Briones (3.500); o hardware e software para diversos servizos municipais (69.000), para os traballos do PXOM ata aprobación inicial (27.500) e, outras actuacións como as achegas a Obradoiros de Emprego, instalación sistema de climatización e demais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -