_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A actual configuración do mercado mantense ata que se levanten as últimas restricións sanitarias

Na actual situación na que se atopa Vilagarcía, coas novas restricións sanitarias impostas pola Xunta hai unha semana, o goberno local considera ineficaz e prexudicial para os vendedores ambulantes poñer en marcha a nova reordenación do mercado que estaba previsto acometer a partir do vindeiro sábado, 3 de outubro, tal como o Concello acordara no mes de xullo cos colectivos de ambulantes e praceiros. Ante a incerteza que estamos a vivir en función de como avance a pandemia, o Concello decidiu esperar a que se levanten as limitacións sanitarias para levar a cabo a nova configuración do mercado que, como se sabe, pasa por abrir ao tráfico rodado a rúa Alexandre Bóveda.
30.09.2020.- A decisión adoptouse esta mañá despois da reunión que mantivo o alcalde, Alberto Varela, coa concelleira de Mercados, Aba Briones, a de Urbanismo e Mobilidade, Paola María e a tenente de alcalde, Tania García. Pese a que todos coinciden en que a reordenación proxectada repercutirá de xeito moi positivo tanto no mercado e na Praza como na propia cidade, ao abrir unha nova vía de acceso ao centro e de desconxestión do tráfico, este non é o momento propicio para levala a cabo dadas as circunstancias. O executivo socialista entende que facer o cambio agora, na situación de provisionalidade na que nos atopamos, non tería sentido, posto que cabe a posibilidade de que, en función de como avance a pandemia, a Xunta poida elevar as restricións e ata incluso prohibir a celebración dos mercado ata que a situación mellore. Por iso, para non crear confusión entre vendedores e clientes, optouse por manter a actual configuración ata que se levantes todas as restricións e Vilagarcía regrese á “nova normalidade”.

Acordo a tres bandas
Como se sabe, a principios de xullo Concello, asociacións de praceiros e colectivo de ambulantes asinaron un acordo a tres bandas mediante o cal aceptaban a reordenación proposta polo executivo e unha moratoria ata outubro para poñelo en práctica.

A principal novidade da nova configuración respecto á situación actual é que a Rúa Alexandre Bóveda quedará unicamente cunha liña de postos de venta, situada en paralelo e encarada coa Praza de Abastos. Coa liberación do resto da vía conséguese que a rúa permaneza aberta ao tráfico de forma permanente en ambas dirección, incluso durante a celebración do mercado. Para facilitar aos ambulantes as labores de montaxe e recollida dos postos, a primeira e a última hora do mercado cortarase ao tráfico o carril de Alexandre Bóveda que discorre paralelo á liña de postos de venta.
Para garantir a seguridade viaria e a protección de ambulantes e clientes, o Concello ensanchará beirarrúas, elevará pasos de peóns e habilitará outras medidas recollidas no proxecto xa realizado e remitido a Patrimonio, que ten que darlle o visto bo por situarse na contorna da Praza de Abastos, edificio catalogado e protexido.

Os postos que se eliminan de Alexandre Bóveda reubicaranse en parte de Arcebispo Lago e a súa Praza, no primeiro tramo de Vista Alegre, en García de Caamaño, na Praza Doutor Carús, a Avenida da Mariña e na parte máis ancha da Rúa O Castro (non na Praza que queda libre ao igual que as calexas que a rodean). Para a reubicación respectarase a orde de antigüidade das concesións dos ambulantes a trasladar e terán prioridade aqueles que acudan todos os días ao mercado de Vilagarcía, fronte aos que o fan de forma ocasional.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -