_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
INFRAESTRUTURAS
O Concello inicia o trámite urbanístico que permitirá ampliar a depuradora de Ferrazo

O Concello abre o camiño para poder executar a necesaria ampliación da estación depuradora de augas residuais de Ferrazo. O primeiro paso para conseguir este obxectivo foi dado esta semana pola Xunta de Goberno Local coa contratación dos traballos de redacción da Modificación Puntual do PXOM que permita utilizar os terreos situados a carón da EDAR para ampliar as instalacións. Unha vez rematado este trámite, que se calcula en 9 meses dados os prazos legais que conleva o procedemento, o Concello porá os terreos a disposición de Augas de Galicia para que acometa a obra, organismo co que o Concello xa leva meses estudando a actuación.
28.09.2020.- A modificación puntual faise precisa xa que na actualidade os terreos que lindan coa EDAR constan como “solo urbano non consolidado”, que non permitiría realizar a actuación proxectada . Para poder construír as novas instalacións é preciso reclasificar previamente o terreo como “solo urbano consolidado”. A elección deste instrumento urbanístico é posible dado que se trata dunha actuación de interese público debidamente xustificado, tal como prevé a lexislación vixente.

A redacción da Modificación Puntual encargouse ao equipo de Alfonso Botana, empresa que está realizando a revisión do PXOM. A decisión de optar pola modificación puntual en lugar de introducir o cambio no proxecto do novo plan xeral é que a tramitación deste instrumento urbanístico é moito máis rápida e permitirá axilizar a ampliación da depuradora que, do outro xeito, quedaría supeditada á aprobación definitiva do PXOM, algo que dada a complexidade do procedemento, tardará bastante máis.

A ampliación da EDAR de Ferrazo é unha actuación necesaria e urxente dado o incremento de caudal que as instalacións veñen soportando de forma constante dende hai anos debido á paulatina ampliación da rede de saneamento municipal, así como ao aumento poboacional que Vilagarcía rexistrou nas últimas décadas . Estas circunstancias fan que, a día de hoxe, as instalacións se atopen ao límite da súa capacidade de tratamento e depuración, facendo necesario unha ampliación que garanta, non só dar servizo á poboación actual, senón tamén dimensionar axeitadamente a planta con previsión de futuro.

A ampliación da EDAR, permitirá mellorar as condicións de servizo da rede de saneamento e tamén repercutirá positivamente no aspecto medioambiental xa que, ao ter maior caudal e capacidade de tratamento, axilízase o proceso de depuración, redúcense os riscos de avarías e de verquidos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2020  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -