_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
O mércores remata o prazo para facer compras cos bonos “Son da Casa”

A Concellería de Promoción Económica do Concello de Vilagarcía de Arousa advirte do remate do prazo de validez dos bonos da campaña de dinamización económica”Son da Casa”. As persoas que non teñan gastados todos os seus tickets dispoñen de prazo ata este mércores, 30 de setembro, para pagar con eles as súas adquisicións nos case 180 establecementos da cidade adheridos á iniciativa promovida polo Concello para axudar á reactivación da economía local tras o parón sufrido a consecuencia da crise sanitaria do covid.
25.09.2020.- Dende o departamento que dirixe Alba Briones recomendan as persoas que aínda terán bonos sen canxear que os utilicen coa maior brevidade para non lle caduquen e perdan os cartos investidos, así como a achega que aporta o Concello. Como xa se sabe, o Concello de Vilagarcía puxo en marcha no mes de xullo a campaña de bonos compra consistente en ofertar packs de bonos que os cidadáns podía adquirir por 20 euros e cos que podían facer compras por importe de 30, xa que o Concello aportaba os 10 euros restantes. A medida supuxo un importante incentivo ao consumo que beneficiou tanto aos clientes como aos comerciantes e que contribuíu a dinamizar a actividade económica da cidade.

Nos case 180 establecementos que participan na campaña e nos que se poden usar os bonos hai unha ampla representación de distintos sectores. Hai locais hostaleiros e comerciais de diferentes ramas (dende tendas de alimentación, calzado, téxtil, complementos e perfumerías; ata ferraxerías, tendas de música, perruquerías, carpinterías e paxarerías; pasando por clínicas de fisioterapia ou tendas de informática, bares e restaurantes). A lista completa pódese consultar na propia web sondacasa.vilagarcia.gal

O impacto real que tivo a campaña na economía local saberase despois do mércores e unha vez que se faga o cómputo das transaccións comerciais pagadas total ou parcialmente cos bonos e os importes das mesmas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -