_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A obra do albergue de peregrinos de Carril esperta o interese de seis empresas construtoras

A obra do albergue de peregrinos en Carril, presupostada en 600.000 euros, espertou o interese de 6 empresas construtoras cuxas ofertas para facerse co contrato para a construción da nova infraestrutura turística xa están sendo avaliadas polos servizos de Contratación do Concello. A creación do albergue de peregrinos de Carril é un dos proxectos máis ambiciosos do goberno de Alberto Varela para o actual mandato e ten como obxectivo impulsar ao sector turístico local aproveitando a fonda tradición Xacobea coa que conta Vilagarcía, punto de inicio da Ruta Marítimo-Fluvial do Mar de Arousa-Ulla.
25.09.2020.- A actuación financiarase a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial de Pontevedra, o denominado Plan Concellos. A empresa á que finalmente se lle adxudique a obra, que ten un prazo de execución de 10 meses, terá que levar a cabo o proxecto deseñado polo arquitecto Iago Fernández Puentes para reformar a inacabada ampliación da Casa de Cultura de Carril e convertela nun moderno e funcional albergue de 443 metros cadrados de superficie, con capacidade para 30 persoas e dotado de todos os servizos necesarios. A idea é que o edificio resultante semelle un miradoiro á ría, perfectamente integrado na contorna e inspirado nas arquitectura popular galega tradicional das vilas mariñeiras.

Seguindo as directrices marcadas dende o Concello, o albergue deseñouse baixo criterios de funcionalidade, eficiencia e calidade, e contará con todos os servizos que precisa un aloxamento para peregrinos: recepción, botiquín, zonas de estar, aseos, duchas, taquillas, dormitorios, lavandería, almacén, gardabicis, terrazas e zona verde. Por suposto, a obra axústase ao especificado pola Xunta de Galicia no Decreto 48/2016, do 21 de abril, polo que se establece a ordenación dos albergues turísticos.

O edificio contará con baixo, primeiro andar e baixo cuberta, así como cun terreo aledaño que se aproveitará como zona de recreo. Na planta baixa, que comunica directamente coa rúa, habilitarase un recibidor, a zona de recepción, un aseo e unha sala de botiquín. Unha suave rampla comunicará o recibidor coa lavandería e coa zona para gardar as bicicletas. Xa para uso restrinxido do persoal, no baixo haberá unha zona de almacén, sala de máquinas para instalar as caldeiras de auga e calefacción, así como os contedores de recollida selectiva de lixo, aos que se poderá acceder directamente dende a rúa para facilitar o seu baleirado e recollida.

Xunto á recepción disporase un ascensor e arrancarán as escaleiras que comunican cos dous andares superiores, que terán unha configuración similar: un amplo distribuidor ao pé das escaleiras e do ascensor, ao redor do cal se ordenarán o resto das estancias: dormitorios, cuartos de aseos, duchas, e salas de estar.

As salas de estar de ámbolos dous niveis estarán intercomunicadas ao configurarse esta zona coma un patio interior abalconado nunha dobre altura e vistas ao exterior a través dunha gran fachada acristalada que comunicará coa terraza. Cada planta contará con zona de taquillas e cuartos de aseo e ducha para homes e mulleres. No primeiro andar disporanse 3 dormitorios e 2 no baixo cuberta, cada un deles con capacidade para 6 persoas, dotados de liteiras, así como mesas individuais de lectura e caixoneiras para gardar efectos persoais.

Zona verde e miradoiro cara a desembocadura do Ulla e o nacemento da Ría
Na parte exterior do andar máis elevado créase un balcón retranqueado respecto ao nivel inferior e que se converte nun miradoiro para admirar as vistas de illa de Cortegada, a ría de Arousa e o inicio da ruta marítimo fluvial Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

Ademais, a actuación proxectada prevé tamén o acondicionamento da finca posterior que se habilitará como área de descanso e esparexemento, así como para a realización de actividades ao aire libre. Os terreos acondicionaranse axeitadamente para habilitar zonas verdes que combinarán céspede con xardineiras e cunha parra de vide de albariño.

Todos os locais do edificio, incluídos os dormitorios e os aseos, cumpren coa normativa vixente de accesibilidade e eliminación de barreiras para persoas con limitacións de mobilidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -