_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
PATRIMONIO
O edificio nobre do Concello será obxecto dunha posta a punto interior e exterior

O edificio nobre do Concello, cuxa construción data do ano 1889, será obxecto dunha actuación de posta a punto que afectará tanto ás zonas interiores como ao exterior do inmoble. A Xunta Local de Goberno aprobou esta semana a memoria valorada da actuación, orzamentada en 38.409 euros, que prevé pequenos arranxos e acondicionamento estético de fachadas, paredes, solos, teitos, portas e calefactores. O edificio está catalogado, razón pola cal o Concello concorre á liña de axudas que oferta a Deputación de Pontevedra para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dos concellos da provincia.
24.09.2020.- A parte antiga do edificio municipal no que se centran as obras alberga na planta baixa as dependencias de portería e varios despachos, así como a entrada principal, que da acceso á planta superior a través das vistosa escaleira imperial de canteira con balaustrada e pasamáns de madeira labrada. O primeiro andar acolle o salón nobre, a sala de xuntas de goberno, o despacho do Alcalde e demais dependencias da Alcaldía e outros tres despachos. O estado actual do edificio é bo, polo que os traballos previstos limitaranse a labores de mantemento e conservación que afectan basicamente ao aspecto, acabados e condicións de habitabilidade e confort das instalacións.

A actuación prevé o saneamento e pintado do exterior do inmoble, e tamén de todos os paramentos verticais do interior (paredes, zócalos e rodapés). Tamén se acondicionarán e pintarán os teitos e se repararán as antigas portas de madeira con labores de lixado, recuperación de volumes, aplicación de tratamentos e pintado ou vernizado final. Todo o edificio conta con pisos de madeira que se repararán -substituíndo os listóns deteriorados-, pulirán e volverán a vernizar. Por último, tamén se desmontarán os vellos radiadores de fundición para repintalos e volver a colocar.

O edificio orixinal do consistorio vilagarcián é un proxecto do arquitecto Domingo Sesmeros construído en 1889. Ao longo dos anos sufriu varias modificacións e ampliacións, a parte nobre mantén a súa estrutura e estética inicial. O edificio está incluído no catálogo municipal de bens e conta cunha protección de grao elemental, que permite realizar obras de acondicionamento e reestruturación interiores, pero obriga a respectar o exterior. Maila que a actuación proxectada consiste en obras menores de mantemento e conservación, o Concello deberá solicitar autorización á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -