_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Adxudicadas as 26 marquesiñas que completarán o plan de renovación nas paradas de autobús

O Concello de Vilagarcía adxudicou esta mañá á empresa Bricantel España o subministro e instalación das 26 novas marquesiñas coas que se completará o plan de renovación das paradas do transporte colectivo no municipio. Seis empresas optaban ao contrato adxudicado por 151.431 euros (impostos incluídos) á firma coa maior puntuación na relación calidade-prezo. As marquesiñas destinaranse a cubrir todas as paradas de autobús das liñas urbanas 1 e 2, de Carril a Vilaxoán, (incluídas as do transporte escolar), a renovar a de Rodrigo de Mendoza e engadir unha no Cavadelo. A adxudicación acordouse hoxe na Xunta de Goberno Local posposta dende o luns debido ás medidas de precaución impostas mentres non se descartou definitivamente a existencia de positivos en coronavirus no plantel municipal, situación que se produciu onte pola tarde.
23-09-2020- O procedemento de contratación do subministro destas marquesiñas estaba en trámite, información que é pública e á que ten acceso calquera persoa a través dos medios telemáticos do Concello. Por iso, en relación ás manifestacións sobre este asunto realizadas onte polo PP, o executivo socialista afea aos populares que “en lugar de informarse previamente dos asuntos municipais, tal como cabería esperar do principal grupo da oposición, se limite a denunciar e a esixir actuacións que xa están en avanzado estado de tramitación, como queda patente coa adxudicación do contrato”.

Esta nova fase do plan de renovación de marquesiñas finánciase integramente con fondos do Concello, con cargo ao superávit orzamentario de 2019, e ven a completar a primeira actuación levada a cabo a principios de ano coa colocación de outras16 estruturas nas paradas de autobús das avenidas das Carolinas, Rubiáns e Pontevedra, adquiridas neste caso a través do Plan Concellos da Deputación.

O executivo socialista diríxese ao grupo municipal do PP para dicir que, “si tan preocupados estaban polas marquesiñas do transporte escolar, tiveron tempo de sobra para esixir a súa colocación á Xunta de Galicia nas estradas da súa titularidade, como son a Avenida Rosalía de Castro, a de Vilanova e a de Cambados e que, sen embargo, tivo que asumir o Concello a través da actuación que se acaba de adxudicar”.

Accesibles e con banco integrado

As 26 novas marquesiñas adquiridas polo Concello manterán a tipoloxía das instaladas a principios de ano coa intención de homoxeneizar a imaxe de todas as paradas. Así pois, serán estruturas que priorizarán a accesibilidade, para facilitar a entrada de carros de bebés, de compra e cadeiras de rodas sen obrigar aos usuarios a baixar a calzada, e terán asentos de madeira integrados.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -