_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación adxudica as obras de nivelado do terreo de xogo do campo de fútbol de Berdón

A Fundación Municipal de Deportes do Concello de Vilagarcía vén de adxudicar os traballos de nivelado do terreo de xogo do campo de fútbol de Berdón á empresa Movimientos de Áridos y Construcciones de Arosa (Marconsa). A obra ten como obxectivo arranxar a zona do tapiz de herba artificial, que presenta un afundimento debido ao repisamento do terreo, para nivelalo co resto do terreo de xogo. A Fundación inviste nesta actuación 13.915 euros.
22.09.2020.- Os traballos teñen un prazo de execución de sete días e se desenvolverán aproveitando que os clubs deportivos que fan uso desta instalación municipal aínda non retomaron a actividade en espera a de que a Federación concrete os protocolos de seguridade a aplicar e aprobe o calendario de competicións. Os traballos comezarán una vez que a empresa presente a documentación necesaria para proceder á sinatura do contrato.

Para corrixir a depresión do campo, desmontarase o equipamento deportivo na área afectada, escavarase e sanearase debidamente o terreo para, posteriormente realizar o necesario recheo, estendido do material, nivelación e compactación. Por último reporase o pavimento de herba artificial similar a do resto do terreo de xogo e se volverán a montar as canaletas, substituíndo as pezas danadas. Os materiais retirados serán trasladados a unha planta autorizada para a xestión e reciclaxe dos mesmos.

Coa realización destes traballos o terreo de novo volverá a atoparse en perfecto estado para a práctica deportiva, eliminando a problemática e incluso os riscos de lesións que tiña este afundimento nunha parte do campo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -