CONCELLO
O concello pecha a atención ao público ata o luns por precaución despois de facer probas serolóxicas a todo o persoal O goberno local decidiu hoxe pechar as súas portas ao público por precaución e, en principio, ata o vindeiro luns, despois de que nas probas serolóxicas realizadas a todo o persoal do Concello nos últimos días se detectaran algúns casos positivos de presenza de anticorpos do Covid-19. Agora, os afectados terán que realizar un test PCR para confirmar o descartar que, en efecto, son portadores do virus. En recentes casos, como en Vilaxoán ou Carril, tamén as primeiras probas deron positivas e os PCR confirmaron despois que se trataba de falsos positivos. Polo tanto, e por un principio de prudencia, o Concello seguirá pechado.
O goberno local lamenta os inconvenientes que este peche temporal pode causar á cidadanía, pero apela á comprensión para evitar calquera posibilidade de contaxio. Por outra banda, os veciños teñen á súa disposición a atención telefónica e telemática a través da sede electrónica.