_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O concello asina un novo convenio coa familia González Garra e gaña máis de 250 prazas de aparcamento disuasorio

O alcalde, Alberto Varela, e a representante da familia González Garra, Celia González Pérez, asinaron un novo convenio para o uso dunha parcela de 8.500 metros cadrados como aparcamento na urbanización do Piñeiriño. O acordo ten unha validez de dous anos e con el o concello volve a gañar máis de 250 prazas de estacionamento disuasorio a un paso do complexo polideportivo de Fontecarmoa, do instituto Bouza Brey e do colexio público do Piñeiriño. Nos vindeiros días, o servizo de Obras realizará as melloras que precise o solar para facilitar o seu uso como aparcamento.
17.09.2020. O procedemento para o acordo é o mesmo que xa se utilizara nunha ocasión anterior coa mesma familia e con respecto a outras parcelas doutros propietarios en diversos lugares do municipio: o concello paga á propiedade un aluguer anual equivalente ao importe do imposto de ben inmobles que grava a propiedade. Neste caso, son 1.200 euros. Neste sentido, o goberno de Alberto Varela quere agradecer publicamente a boa disposición da familia González-Garra González, que malia as dificultades iniciais finalmente decidiu asinar de novo o convenio o que, sen dúbida, beneficiará ás moitas persoas que cada día acoden aos centros educativos, ao complexo polideportivo ou simplemente á urbanización do Piñeiriño.

Humanización respectando aparcamentos
A recuperación dese aparcamento disuasorio está incluído nun plan máis ambicioso de humanización do barrio, no que se inclúen peonalizacións totais ou parciais. Con respecto á anunciada onte, a que afecta ás rúas Porto Rey, Cunqueiro e Fontecarmoa, é preciso aclarar que as bierarrúas non serán de ata 5,5 metros de ancho, como por erro e atendendo ao proxecto orixinal se informou, senón que se adaptarán ás medidas necesarias para que as rúas teñan unha calzada de vía única para os vehículos e se manteñan as actuais liñas de estacionamento (sexan en liña ou en batería), de xeito que as beirarrúas terán finalmente un ancho de entre 3 e 3,5 metros. Este foi o compromiso adquirido polo goberno de Alberto Varela na súa rolda de reunións coas comunidades de veciños e dende logo vaise cumprir. E para iso será modificado o proxecto inicial, de cuxa adxudicación provisional se informou onte.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -