_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A piscina reabre as súas portas tralas obras de mellora e con estritas medidas de control sanitario

Despois de dous meses de obras e un investimento de 120.000 euros para renovar os sistemas de deshumidificación e calefacción, a piscina municipal de Fontecarmoa abrirá as súas obras de nova, mañá, a partir das 7:00 horas. Onte, os servizos técnicos asinaron a acta de recepción de obras, último trámite para poder abrir as instalación. Prevendo ese feito, nos últimos días os técnicos de Serviocio xa foron preparando as medidas de control e se puxeron en contacto cos seus usuarios para poder ir planificando o calendario de actividades.
Os usuarios que dende mañá acudan ao complexo polideportivo de Fontecarmoa vanse atopar con algunhas novidades, derivadas da pandemia do Covid-19. Así, o primeiro que terán que facer é desinfectar o seu calzado mediante unha alfombra posta na mesma entrada da piscina. Despois, deberán desinfectar as mans con xel hidroalcóholico para, acto seguido, serlle tomada a temperatura. Só aqueles que non presenten ningún indicio poderán acceder ás instalacións. En todo caso, e agás no momento do baño ou na ducha, os usuarios deberán levar sempre posta a súa máscara, de acordo co protocolo de seguridade deseñado pola Xunta para as instalacións deportivas de Galicia.

Mentres ese protocolo siga vixente, o aforo máximo será do 75%. Con todo, e tendo en conta esa mesma regulamentación, o SPA permanecerá pechado. Os técnicos de Serviocio entenden que estar nunha sauna ou nun baño turco con máscara non é precisamente unha experiencia agradable, polo que optaron por esperar a un momento no que rebaixen as medidas de seguridade.

Polo demais, os horarios seguirán sendo os mesmos: de 7 da mañá ás 23:30 horas de luns a venres, de 8 da mañá ás 9 da noite, os sábados; e de 10 a 13:30 os domingos. Os sistema de acceso segue sendo o mesmo: como socio de Serviocio, como usuario da Fundación de Deportes ou por libre. Sen embargo, e tendo en conta a restricións de aforo e as medidas de seguridade, é moi probable que se estableza un período de tempo –de 4 a 8,30 da tarde- no que non se admitirá a entrada de usuarios “por libre”.

120.000 euros de investimento á espera da ampliación

A piscina puido volver a abrir unha vez rematado un investimento de 120.000 euros, que serviron para instalar unha nova maquinaria que garantirá as condicións idóneas de temperatura e humidade no interior das instalacións da piscina, e polo tanto un maior confort e seguridade sanitaria aos usuarios. Ademais, ao contar coas últimas innovacións, permitirá un maior aforro enerxético. tecnoloxías, incidirá de forma moi notable no aforro do consumo enerxético e repercutirán nun maior respecto ao medio ambiente, ao contar cunha elevada eficacia enerxética. De feito, o investimento foi financiado a través dunha liña dos Fondos FEDER dedicada expresamente a favorecer as economías baixas en carbono. A través da EDUSI Vilagarcía Avanza tamén está en proceso a ampliación da propia piscina, que deste xeito contará cun novo edificio anexo e un novo vaso.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -