_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O concello encarga un estudio sobre a viabilidade dunha rotonda no cruce de Vistalegre con Fontecarmoa, previo ao plan de tráfico do Piñeiriño

A Xunta de Goberno adxudicará o vindeiro luns á empresa especializada en mobilidade Iceacsa un estudio de viabilidade dunha rotonda na confluencia das rúas Vistalegre e Fontecarmoa coa a avenida de Cambados, xusto onde acaba a avenida do Doutor Tourón. Este estudio é un paso previo, e fundamental, para a definición do plan de tráfico do Piñeiriño, comprometido polo goberno local coas comunidades de veciños deste populoso barrio, que vai ser obxecto dun profundo proceso de humanización.
11.09.2020. Mellorar a saída da rúa Fontecarmoa cara á avenida de Cambados foi unha das principais reivindicacións dos veciños, pois ao contar con regulación semafórica os tempos son moi curtos. Se finalmente se puidese construír unha glorieta, similar á da Mariña Española, na que conflúen Doutor Tourón, Agustín Romero e Rodrigo de Mendoza, é moi probable que a fluidez do tráfico melloraría. Pero para iso é preciso constatalo con datos fiables e por iso o concello decidiu recorrer a unha empresa especializada en movilidade.

Así, e durante un mes e medio, os técnicos de Iceacsa realizarán aforos en catro puntos para coñecer a fluxo de vehículos, tanto dos que veñen cara Vilagarcía pola avenida de Cambados e ao revés, coma dos que baixan por Vistalegre ou chegan dende Fontecarmoa, coa posibilidade saír á esquerda ou dereita. Obviamente, iso significará tamén estudiar a actual regulación semafórica e a existencia de pasos de peóns, e ter en conta o espazo para instalar una glorieta. Cos datos na man, a empresa realizará despois simulacións para coñecer a fluidez de vehículos cunha hipotética rotonda.

En calquera caso, trátase dun estudio fundamental para abordar con máis garantías o plan de tráfico que se pretende deseñar para o Piñeiriño. Como se sabe, neste barrio, a cuarta maior concentración urbana do Concello, tralos cascos urbanos de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán, o Concello quere levar a cabo un ambicioso plan de humanización de rúas e prazas, cun eixo fundamental que á rúa Camilo José Cela. A intención é que o novo acceso ao barrio sexa pola rúa contigua, a de Mondariz, ademais de introducir outras melloras na circulación, como dotar de sentido único a Adolfo Pedrido. Pero para abordar todos eses cambios é preciso, primeiro, coñecer si é posible ou non crear esa glorieta na avenida de Cambados na súa confluencia con Vistalegre e Fontecarmoa.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -