_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O goberno local insta aos socios de Coinba a chegar a un acordo para garantir a continuidade da empresa en Vilaxoán

O goberno de Vilagarcía reitera a súa disposición a facilitar calquera acordo que permita a continuidade da actividade da Compañía Industrializadora de Bacalao (Coinba) en Vilaxoán e así llo transmitiu aos representantes dos traballadores, con quen o alcalde, Alberto Varela, está en permanente contacto. Ao mesmo tempo, dende o executivo local faise un chamamento á responsabilidade social dos empresarios e ínstaos a que cheguen a un acordo que garanta o futuro dunha empresa tan ligada á Vilaxoán.
10.09.2020. Se, como se supón, dous terzos dos accionistas están de acordo en que entren novos inversores e, con iso, se abra unha nova etapa na empresa, o lóxico –sostén o goberno local- é que as dúas partes tenten chegar a un acordo que será beneficioso para todos: para os que teñen as accións, para os traballadores e as súas familias, e para Vilaxoán, que así manterá viva a última empresa ligada á transformación dos produtos de mar.

O goberno local estima que a compañía ten futuro, e niso coincide coa visión dos traballadores e ata co que relatou unha auditoría, por iso urxe chegar a unha solución. A marca Coinba ten un certo prestixio e as noticias sobre a incerteza sobre a súa continuidade ou a situación actual, de concurso de acredores, non contribúen precisamente a consolidar a súa reputación como marca.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -