_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Revenidas volve nun formato “en conserva” para celebrar a súa edición máis galega e apostando pola cultura segura

O Revenidas volverá os próximos 10, 11, 12 e 13 de setembro a Vilaxoán. Nesta edición o festival combinará concertos de pago con actividades e concertos de balde en distintos lugares da vila. Será dun xeito controlado, con aforos reducidos e coas medidas hixiénico sanitarias pertinentes, porque a organización do Revenidas cre e traballa a prol dunha cultura segura. Precisamente nesto coincidiron e o recalcaron esta mañá na presentación do evento Alberto Varela, alcalde do Concello de Vilagarcía de Arousa; Jacobo Sutil, director da AGADIC; Sonia Outón, concelleira de cultura de Vilagarcía; Ana Laura Iglesias, deputada de turismo e xuventude da Deputación de Pontevedra; e Xoán Quintáns, director do Revenidas.
02.09.2020.- O festival non contará este ano con zona de acampada nin coa súa tradicional sardiñada pero reconvértese nunha edición especial “en conserva” para traerlle propostas ricas e variadas ao seu público. Ademais, o festival diversifica a súa programación en 4 escenarios: o Escenario Deleite e o Escenario Concello de Vilagarcía (que estarán situado na Praza Rafael Pazos e terá un aforo máximo de 50 persoas), o Escenario Rías Baixas Fest (que estará no Parque de Dona Concha, con 250 prazas) e o Escenario Fest Galicia (no Porto de Vilaxoán con 500 cadeiras). O “Festival das Linguas” será esta vez máis que nunca o festival da nosa lingua, a lingua galega, ateigado de artistas do país, segundo explicou Quintáns.

Os concertos de pago, no escenario Fest Galicia, estarán protagonizados pola incombustible Sés e o folk e blues/folk de Zeltia Irevire o venres 11, que darán paso á cumbia aditiva de Ortiga e ás letras comprometidas de Dakidarría en acústico o sábado 12. Estes concertos serán para 500 asistentes e xa teñen as súas entradas a venda na páxina web do festival (prezo de 15 euros o bono de dous días e 10 euros a entrada dun só día).
Actividades paralelas e talento local

Ademais, o Revenidas en conserva, ten preparadas para esta edición varias actividades paralelas, que serán de balde, con inscrición previa necesaria e con aforo reducido. Neste mes de setembro, os escenarios Concello de Vilagarcía e Rías Baixas Fest acollerán os concertos de De Vacas + Cuernicornios (o xoves 10 a partir das 21h00) e Quico Cadaval + Monoulious DOP (o sábado 12 a partir das 13h00). O domingo 13 pola mañá terá lugar a habitual Gala de Circo Revenidas e, xa pola tarde, unha colaboración moi especial que se inicia nesta edición: a Gala Revenidas - Festivala, que o festival organiza en colaboración co Soño de Lilith. Esta colaboración entre Festivala e as Revenidas nace para reivindicar ás nais, ás avoas, ás mulleres que, en definitiva, foron e son conscientes de que o porvir se sustenta no coidado do próximo, e tamén para reclamar o seu saneamento, a protección do noso, a relación sustentable co medio, e a comunidade como fórmulas para construír futuro. Formarán parte desta Gala Revenidas - Festivala Lupe Blanco, Alba María, Suricar, Rebeca Santos e Aldaolado.

Agás o concerto de De Vacas, que terá un aforo de 500 persoas, a organización porá 250 localidades dispoñibles para cada unha das demais actividades. Son gratuítas e xa se pode reservar entrada na web do festival.

Ademais, estas propostas de programación paralela aos concertos de pago complementarase con outras iniciativas relacionadas co territorio e coa cultura mariñeira da zona, showcookings con produtos galegos e concertos de bandas locais, tamén de acceso gratuíto pero esta vez ata completar aforo. Entre elas están os roteiros “Redescubre Vilaxoán” -que xa se están levando a cabo nestes días- ou os concertos que acollerá o Escenario Deleite desta Praza Rafael Pazos:
• Nelson Quinteiro (Aúpa) o xoves 10
• Peter Punk e a Escola de Pandeiretas Avelaíña o venres 11
• O Mago Paco, Gramola e os Terribles de Arousa o sábado 12
• Perseguidor o domingo 13

Este Revenidas en conserva pode levarse a cabo grazas a público, artistas e persoal traballador, pero tamén grazas ao apoio de varias institucións (Concello de Vilagarcía, a Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas a través da súa marca Rías Baixas Fest, a Xunta de Galicia, Xacobeo 21 e Agadic a través da súa marca Fest Galicia,) e patrocinadores privados (Deleite, Mahou, Gadis, Martin Códax, Thunderbich, Torre de Núñez).

Alberto Varela agradeceu aos organizadores de Revenidas o traballo realizado sempre, pero especialmente este ano, coa problemática engadida do coronavirus e a crise que conleva. O rexedor aplaude a labor da asociación Repichoca para adaptar o festival ás novas circunstancias, de xeito que siga sendo un elemento dinamizador da localidade vilaxoanesa e que o nome de Vilaxoán continúe soando en toda Galicia e tamén no territorio nacional por contar cun dos festivais musicais máis singulares. E todo, segundo reiterou Varela, poñendo sempre por diante o coidado da saúde, grazas ao enorme esforzo realizado para garantir a seguridade en todas as actividades que se organizarán baixo a modalidade “en conserva”.

Resquemor dos veciños
Pese ao isto, durante a presentación, un pequeno grupo de veciños puxo de manifesto a súas protestas ante o temor que a xente que veña as actos do Revenidas poida facilitar a propagación do coronavirus en Vilaxoán.

Neste contexto, a concelleira de Cultura fixo fincapé en que actividades como estas demostran que a cultura é segura e que, pese ás circunstancias que estamos a vivir co coronavirus, temos que seguir gozando da cultura como elemento esencial nas nosas vidas, adaptando os espectáculos e seguindo os protocolos de seguridade establecidos, para que as xentes da cultura tamén poidan desenvolvendo a súa labor.

Tanto o director de AGADIC como a deputada provincial insistiron neste último aspecto lembrando que o sector cultural ten que seguir producindo e que a xente da cultura, como a de calquera outro sector, ten que poder continuar traballando porque este é o seu medio de vida. Sutil e Iglesias tamén explicaron que os protocolos que se seguen nas actividades culturais contan con todas as garantías como o demostra a ausencia de incidencias durante a posteriori de todos os eventos que Xunta e Deputación están organizando en toda Galicia e na provincia a través de programas como o “Son do Camiño” o do Rías Baixas Fest.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -