_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
42 alumnos da Escola Infantil Municipal benefícianse da gratuidade por segundo fillo

O goberno local de Vilagarcía aprobou na Xunta de Goberno Local desta semana o establecemento na Escola Infantil Municipal da gratuidade por segundo fillo. A medida implica que o custe da escolarización destes alumnos no centro de A Lomba o asume integramente o departamento de Servizos Sociais que dirixe Tania García Sanmartín. Cos datos relativos ao inminente inicio de curso, son 42 alumnos que se beneficiarán da gratuidade, o que supón para o Concello un gasto engadido de 3.500 euros ao mes.
02.09.2020.- Como se sabe a Xunta de Galicia estableceu este ano para as escolas infantís da rede autonómica da Galiña Azul a gratuidade na atención educativa de 0 a 3 anos a partir do segundo fillo. Maila que os concellos que xestionan centros municipais, como é o caso do de Vilagarcía, non estaban obrigados a adoptar a medida, o goberno local decidiu voluntariamente asumila para que as familias con fillos na escola infantil da Lomba non quedasen excluídos e tamén se puideran beneficiar dela, facéndolles más doada a escolarización dos pequenos nesta etapa inicial e tamén a necesaria conciliación.

Os 3.500 euros que o Concello deberá aportar para financiar o custe destas 42 prazas gratuítas para as familias, engádense á suma que os Servizos Sociais Municipais aporta anualmente para subvencionar o resto das prazas da gardería municipal, así como os gastos de comedor para aqueles alumnos que fagan uso do servizo, e cuxa contía individual determínase en función da reda familiar.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -