_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Iniciado o trámite para subscribir o crédito previsto no orzamento para financiar o plan de investimentos

O Concello de Vilagarcía vén de sacar a licitación a operación de concertación do crédito a largo prazo por importe de 1.700.000 euros incluído nos Orzamentos Municipais de 2020. A través deste préstamo o Concello financiará as actuacións previstas no Plan de Investimentos e que van dende a realización de obras de diversa índole ata a adquisición de maquinaria e equipamentos para os servizos municipais. As entidades bancarias interesadas dispoñen de prazo ata o día 11 de setembro para presentar as súas ofertas.
02.09.2020.- A operación de concertación do crédito non se empezou a tramitar ata o de agora porque antes foi necesario aprobar en Pleno o Plan Económico Financeiro mediante o cal se programan cronoloxicamente os investimentos a executar con cargo ao préstamo co obxecto de axustar as finanzas municipais á regra de gasto.

Segundo este último acordo, o groso das actuacións previstas no plan de investimentos do orzamento en curso se poderán executar e financiar no ano 2020, mentres que se reservan para o 2021 as obras de ampliación da piscina municipal (dotadas con 600.000 euros do crédito) e a adquisición dun local para habilitar un Punto de Encontro Familiar (con 100.000 euros).

O resto das actuacións do Plan de Investimentos 2020 a financiar co préstamo son a adquisición de maquinaria para o parque móbil Servizo Obras, Vías Públicas (190.530 euros), sistemas de Comunicación, chalecos, fundas, radar pedagóxico para a Policía (145.200), implantación de sistema de sistema de control en vía peonil (63.000), remodelación do skate do Cavadelo (50.000), acondicionamento de vestiarios do campo fútbol Bamio (43.000), redacción proxectos de obras (150.000), actuacións de accesibilidade (100.985), praias (36.500 euros), demolición edificio Rodrigo Mendoza (30.000), saneamento Rúa Miramar (20.652), elaboración proxecto para a posta en valor dos petróglifos (15.000), nova carroza para os desfiles das festas (35.000), maquinaria para servizo Xardíns (18.000), mobiliario urbano (18.000), cámaras seguridade Sala Rivas Briones (3.500), hardware e software para diversos servizos municipais (69.000), traballos do PXOM ata aprobación inicial (27.500) e outras como as achegas a Obradoiros de Emprego, instalación sistema de climatización e demais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -