_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A nova edición do Vives Emprega amplía contidos cunha carta de cursos online gratuítos

A ONG Acción Contra a Fambre e o Concello de Vilagarcía poñen en marcha unha nova edición do programa de inserción socio-laboral Vives Emprega. Esta iniciativa vense realizando dende hai xa catro anos con obxectivo de mellorar as condicións de empregabilidade de persoas en situación de vulnerabilidade de xeito que accedan ao mercado laboral. O programa cambia nesta ocasión a súa metodoloxía para adaptarse á nova situación imposta pola pandemia. Por esta razón, e xa como se probou con éxito na edición celebrada no primeiro semestre do ano, combinaranse as sesións semipresenciais con outras on-line, evitando así as reunións en grupo. Outra das novidades é que o Vives Emprega amplía contidos ofrecendo unha ampla carta de cursos on-line gratuítos que os participantes poderán realizar voluntariamente. O programa desenvolverase de setembro a decembro e xa está aberta a inscrición.
31.08.2020.- As persoas interesadas en participar deberán anotarse previamente. Poden facelo a través da web http://www.vivesemplea.org , mandando un correo electrónico ao enderezo rvidal@accioncontraelhambre.org ou por whatsapp ao teléfono 690134584. A organización estudará os perfís das persoas inscritas para seleccionar ás 25 que finalmente participarán no programa.

O Vives Emprega ten como obxectivo promover a inclusión sociolaboral de persoas que atravesan unha situación de dificultade para acceder ao mercado laboral. Para logralo, créase un itinerario e se poñen en marcha unha serie de accións específicas para cada participante, axustándose ás súas capacidades e posibilidades, de cara a que defina o seu obxectivo profesional e desenvolva o seu talento mediante a adquisición das habilidades e competencias que máis demandan as empresas. Ademais, de elaborar o itinerario profesionald e cada un dos participantes, ao Vives tamén os pon en contacto coas empresas demandantes de emprego e incluso lles ofrece asesoramento a axuda a aqueles que desexen emprender por conta propia.

Tendo en conta a posibilidade de que os participantes poidan ter dificultade para acceder aos medios e TICs necesarios para poder seguir a formación online, a organización ofrécelles a posibilidade de apoiar a participación con tablets e tarxetas de datos, de xeito que ninguén quede excluído do programa por esta razón.

A maiores do que é o programa en si, nesta edición tamén se ofrece aos participantes unha ampla carta de cursos voluntarios e gratuítos cos que poder ampliar a súa formación. Os cursos abordan un amplo abano ocupacións como Atención ao cliente, Dependente multisección, Operacións de almacenaxe, Atención sociosanitaria, Experto en limpeza con desinfección COVID-19, Auxiliar administrativo, Comercio electrónico, Telemárketing ou Inglés. En total ofértanse 23 accións formativas, todas elas certificadas.

Elevado índice de inserción laboral

A edición que comeza en setembro será a novena do Vives Emprega en Vilagarcía. A Concellería de Igualdade e Benestar financia o programa dende os seus inicios no municipio por tratarse dunha acción moi eficaz para lograr que persoas en situación de exclusión ou de especial vulnerabilidade poidan acceder a un posto de traballo. De feito, as cifras de reinserción laboral dos participantes son moi elevadas en cada edición. como o demostran, sen ir máis lonxe, os datos do programa do ano pasado, que se saldou cun índice de éxito do 66%, xa que 33 dos 50 participantes accederon a un contrato de traballo.

Carta de cursos online:


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -