_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os locais nocturnos que adecúen a licenza á actividade de “bar”, poderán abrir nas mesmas condicións que estes

O Concello de Vilagarcía habilita unha fórmula que permita ao sector do ocio nocturno reorientar a súa actividade para que poida continuar traballando coas novas normas impostas pola Xunta de Galicia para previr e conter a expansión do COVID. Co obxectivo de evitar o peche total da actividade e o conseguinte afundimento do sector, o Concello permitirá o funcionamento dos locais nos que na súa licenza figure como actividade principal a de “bar” e exerzan como tal. Con este condicionante, este locais poderán abrir nas mesmas condicións e que os bares, é dicir, en horario diúrno, ata á 1 da madrugada e sen poñer música. O alcalde asinou a última hora de hoxe a resolución que da vía libre á medida.
28.08.2020.- A resolución da Alcaldía chega despois de que o goberno local mantivese varias reunións cos representantes do ocio nocturno e despois de que os servizos xurídicos do Concello buscasen o xeito de facer compatible a normativa municipal coa recente norma aprobada pola Xunta de Galicia que ordena o peche do sector da noite e concreta un catálogo de actividades permitidas e non permitidas. Os hostaleiros demandaban unha solución que lles permitise continuar traballando, tendo en conta que xa foron o sector que máis tardou en abrir tras o levantamento do estado de alarma e un dos máis afectados economicamente polo peche da actividade.

Para poder beneficiarse desta resolución, os establecementos de ocio nocturno deberán tramitar o cambio de tipoloxía da súa licenza, adaptándose ao catálogo da Xunta, e actualizar a súa situación en todas as demais relacións coa administración (categoría de IAE e demais). Algúns establecementos xa empezaron presentar as súas solicitudes de cambio ante o Concello.

Os establecementos de ocio nocturno que teñan aberto algún expediente por incumprimento da normativa COVID quedan excluídos da medida aprobada hoxe, polo que non se lles permitirá a apertura.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -