_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
Convocada unha nova edición das Axudas Municipais á Creación de Empresas dotada con 30.000 euros

O Concello de Vilagarcía de Arousa, a través da concellería de Promoción Económica, vén de convocar unha nova edición das Axudas Municipais á Creación de Empresas. Esta liña de subvencións está dotada con 30.000 euros e ten como obxectivo incentivar o emprendemento e a creación de novos proxectos de pequena e mediana empresa que contribúan a crear emprego e a dinamizar a economía local. As axudas están destinadas a colaborar no financiamento dos custes iniciais e de posta en marcha da actividade e poden chagar a un máximo de 2.500 euros. O ano pasado 14 iniciativas de nova creación beneficiáronse destas axudas.
26.08.2020.- As bases que regulan a nova edición das subvencións publicáronse no BOP do luns 24 de agosto, polo que o prazo de solicitude abriuse o día 25 de agosto. Poderán acollerse a esta convocatoria os/as empresarios/as individuais e as pequenas e mediadas empresas (PEME) que iniciasen a súa actividade entre o 31 de outubro de 2019 e o 30 de outubro de 2020. No caso das iniciativas dadas de alta no IAE neses meses de 2019, o prazo para presentar a solicitude remata o 30 de setembro. As rexistradas no ano en curso poderán facelo ata o 30 de outubro.

A maiores de ser de nova creación (aínda que se permiten traspasos, sempre que non sexa entre cónxuxes, parellas de feito ou familiares por consanguinidade), entre os requisitos a cumprir está que a empresa estea radicada en Vilagarcía. As axudas concédense polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar a partida, e a fondo perdido, coa obriga de manterse de alta no Réxime correspondente da Seguridade Social durante un período mínimo de dous anos, contados dende a data de solicitude da axuda.

Os gastos subvencionables son os relativos aos trámites de constitución da empresa, asesoría, obras de acondicionamento do local, aluguer, adquisición de existencias iniciais de mercadorías, así como gastos correntes (auga, luz, teléfono…).

As bases e o formulario de solicitude están dispoñibles en sede.vilagarcia.gal e a presentación da mesma deberá realizarse por vía telemática a través do mesmo medio.

Negocios de diversas ramas

O programa de axudas municipais á creación de empresas que convoca anualmente a Área de Promoción Económica e Desenvolvemento Local do Concello ten moi boa acollida: O ano 2019 concedéronse a través desta liña 14 subvencións a outros tantos proxectos locais de emprendemento, entre os que se repartiron 29.244 euros. Entre os negocios que obtiveron as axudas atópanse iniciativas de diversas ramas do sector servizos: establecementos comerciais de téxtil, xoiería, pastelería, centro de fisioterapia, local de hostalería, despacho de avogados, centro de ioga e inmobiliaria. A medida das axudas situouse en 2.000 euros, con 6 proxectos que obtiveron a contía máxima de 2.500.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -