_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
O teatro mantense na temporada de outono con seis representacións e co aforo do Auditorio reducido a 258 prazas

A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía e a Agadic renovan a súa colaboración para manter durante a temporada de outono a actividade teatral co obxectivo de favorecer a reactivación do sector cultural galego á vez que continuar ofertando cultura e divertimento seguros á cidadanía. Neste marco, a programación prevista para o período comprendido entre setembro e decembro adáptase aos protocolos de seguridade impostos polas autoridades sanitarias en relación ao coronavirus, prevendo a celebración de seis representacións nun Auditorio Municipal que reduce o seu aforo a 258 prazas (o 34% da súa capacidade).
25.08.2020.- Cinco espectáculos teatrais para adultos e un de infantil compoñen a programación que traerá a Vilagarcía ás compañías de teatro máis representativas de Galicia . E todos a prezos moi reducidos grazas á colaboración de Concello e Aga, que subvencionan as entradas que o público poderá adquirir por 5 euros (3 os maiores, desempregados e titulares do carné xoven).

O ciclo comezará cos tres espectáculos suspendidos en primavera como consecuencia do Estado de Alarma. Trátase de “Curva España”, de Chévere (que se porá en escena definitivamente o 5 de setembro); “Tabú” de Tarabela Creativa (o 10 de outubro) e “Medida por Medida”, de Producións Teatrais Escénicas (o 17 de outubro).

No mes do novembro haberá dúas funcións, o día 14 o drama de Sarabela Teatro “A lingua das bolboretas” e o venres 27, “Running”, a comedia que presenta Ste Xeito Producións. Como ven sendo habitual na programación de outono, o ciclo de teatro da Agadic remata cun espectáculo infantil xusto ao inicio das vacacións de Nadal. É “A nena e o grilo máis aló”, da compañía Urdime.

Como tamén é habitual no ciclo incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios o prezo xeral da entrada para cada un dos espectáculos é de 5 euros, prevéndose un prezo reducido de 3 euros para titulares do Carné Xoven, desempregados e maiores de 65 anos, circunstancias estas últimas que terán que acreditar presentado a tarxeta de desemprego e o DNI respectivamente.

As entradas pódense adquirir de forma anticipada (o que conleva os correspondentes custes de xestión) a través da plataforma ataquilla.com ou do servizo telefónico do 902 504 500. En caso de non esgotarse antes, tamén se poderán adquirir o mesmo día da función na billeteira do Auditorio a partir das 19.00 horas.

As entradas son numeradas e debido aos protocolos de seguridade do COVID, soamente poderá elixirse unha butaca individualizada, ou dúas xuntas para paellas de persoas convivintes. Deste xeito permítese manter butacas baleiras de separación entre cada praza individual ou de parella ocupada, así como alternar filas de butacas.

Dado que a programación podería verse alternada en función de novas ordes das autoridades sanitarias ou da evolución doa pandemia, como xa aconteceu en primavera, no caso de que algún espectáculo tivera que suspenderse, as persoas que xa tiveran adquirida a entrada poderán recuperar o importe das mesmas a través do mesmo sistema de compra, dende o que se lle xestionará a devolución.

Ademais de reducir o aforo a un terzo da capacidade, a asistencia aos espectáculo conleva o cumprimento doutras normas de protección fronte ao COVID, tanto no que aos equipos técnicos e membros das compañías se refire, como ao público. Neste último caso, será obrigatorio o uso de máscaras, a entrada e saída farase de forma ordenada e por roteiros especificados para evitar cruces, e tamén deberán desinfectarse as mans antes de entrar no recinto, para o cal se disporán dispensadores de xel.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2020  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -