_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello utilizará sobrantes de partidas e baixas de obras para instalar o sistema de cita previa e unha app de xestión de emerxencias

O goberno local de Vilagarcía eleva ao Pleno ordinario do mes de agosto a proposta de aproveitar sobrantes de diversas partidas e baixas de obras para financiar actuacións de carácter urxente e que veñen impostas pola situación que estamos a vivir coa pandemia do COVID, como a instalación dun sistema de cita previa ou a adquisición dunha aplicación informática de xestión para emerxencias, así como outras actuacións non previstas inicialmente pero que tamén deben solventarse con premura, como a mellora do camiño da Rúa Xiabre ou a adquisición dunha embarcación para o servizo municipal de Emerxencias. A suma total destes sobrantes para os que se propón o cambio de finalidade ascende a 101.098 euros.
21.08.2020.- A aprobación da proposta permitirá destinar 38.551,04 euros á adquisición e instalación dun servizo de cita previa no Concello e 9.500,10 euros á compra da aplicación informática de xestión para emerxencias. Para a obra de mellora do camiño da Rúa Xiabre, en Trabanca Sardiñeira, destínanse os 39.865 euros cos que o Concello complementará o custe total do proxecto cofinanciado cunha subvención que vén de conceder a AGADER. E para o subministro da embarcación para o servizo municipal de Emerxencias e Protección Civil resérvanse os 13.182,12 euros restantes.

Os fondos liberados proceden de sobrantes de actuacións dos exercinos 2016, 2017, 2018 e 2019 financiadas a través de operacións de préstamos a longo prazo, como das baixas nas obras en cemiterios municipais, no edificio do centro socio comunitario do Ramal e na Escola Infantil Municipal; do subministro de semáforos; de actuacións de eficiencia enerxética; da aplicación adquirida para a numeración de nichos; da adquisición de software e das terminais da wifi municipal; así como das partidas de acondicionamentos de casas de cultura, parques infantís e xardíns.

En calquera caso, e tal como se explica na proposta, a anulación das correspondentes baixas e sobrantes de exercicios pasados para financiar as novas actuacións agora propostas non causa prexuízo algún nos servizos ou partidas correspondentes, posto que seguiron contando con dotación orzamentaria nos sucesivos proxectos de gasto, o que permite ao Concello seguir realizado os investimentos necesarios de forma continuada; a maiores de sacar maior rendemento ás operacións de préstamo aproveitando todos os recursos dispoñibles para as necesidades que van xurdindo na Administración local.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -