_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello renova os postos de socorrismo das praias Compostela e o Campanario

Os postos de socorro das praias da Compostela e do Campanario lucirán a partir nova imaxe grazas ás novas casetas adquiridas polo Concello e cuxa instalación comezou hoxe mesmo. Cun investimento de 26.600 euros, a administración local comprou dous módulos cos que mellorar os equipamentos deste servizo de praias, renovación que se ía a acometer ao inicio da temporada estival, pero que se demorou máis do previsto debido ás consecuencias do paro da actividade durante o estado de Alarma. En calquera caso, tanto o posto da praia de Bamio como o da Concha Compostela contan dende hoxe cunha nova caseta para albergar a zona de atención de primeiros auxilios e para uso dos socorristas.
20.08.2020.- As casetas teñen unhas dimensións de 6 metros de largo por 2,40 de ancho. Trátase de estruturas metálicas con recubrimento fenólico que lle aporta unha aparencia similar á madeira, pero que ten unha maior resistencia e duración, e non precisa de mantemento. Ademais, os módulos dispoñen de illamento térmico, o que proporcionará maior confort aos usuarios das instalacións.

No caso da praia de Bamio, a nova caseta substitúe á que había ata agora, que se retira do areal. Na Compostela, a instalación do módulo novo convivirá coas vellas instalacións que se manterán de forma provisional como zona de almacén de material e vestiarios de uso interno dos socorristas.

O Concello ten previsto continuar nas vindeiras temporadas coa mellora das infraestruturas e equipamentos destinados aos servizos de praias, renovando o resto das casetas dos postos de socorro e outro tipo de instalacións, como as torres de vixilancia, nas que este ano se fixeron os correspondentes arranxos para mantelas ata que sexa posible a adquisición de novas estruturas.

Por outro lado, aproveitando á instalación na nova caseta, o posto de socorrismo da praia da Concha-Compostela desprazarase uns metros cara ao norte. A medida ten por obxecto mellorar a operatividade do servizo de vixilancia, que quedou descompensado coa demolición do CIRA, ao ampliarase a zona visual de baño que atenden os socorristas, practicamente ata o espigón do lavadoiro, quedando moita máis superficie que abarcar cara a zona norte do areal que cara a sur. O posto de socorro situarase a partir de agora fronte o parque da Compostela, nun punto equidistante entre ambos extremos do areal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -