_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FORMACIÓN
Vilagarcía formará a 16 mozos durante un ano nas titulacións de Socorrismo acuático e Mantemento forestal e de xardíns

O Concello de Vilagarcía porá en marcha nas vindeiras semanas o proceso de selección do alumnado e do persoal docente e directivo que participará na nova edición do Obradoiro de Emprego Labora Xoven. A través deste proxecto, o Concello ofrece a oportunidade de que 16 mozos e mozas (8 en cada módulo) poidan formarse e obter o certificado de profesionalidade nas especialidades de “Socorrismo en espazos acuáticos e goberno de embarcacións de salvamento” e de “Instalación e mantemento de zonas verdes e aproveitamento forestal”. O obradoiro terá unha duración de 12 meses, tempo no cal os participantes estarán contratados e percibirán o correspondente salario.
20.08.2020.- O obradoiro Labora Xove está dirixido a mozos e mozas de dezaoito ou máis anos inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. A Concellería de Promoción Económica e Emprego do Concello de Vilagarcía apostou forte por este programa co obxectivo de tratar de reducir as cifras de desemprego no colectivo xuvenil. Para logralo decidiu potenciar o obradoiro de emprego, ampliando tanto os contidos das especialidades a impartir como a duración do proxecto, que este ano pasa dos 6 meses da edición anterior, aos 12 desta. A medida pretende proporcionar ao alumnado unha maior cualificación, cunha formación teórica e práctica máis ampla que incremente as súas posibilidades de empregabilidade en dous sectores que nos últimos anos contan cunha elevada demanda de profesionais.

O obradoiro terá unha única etapa de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional para que os alumnos poidan obter os correspondentes certificados de profesionalidade que, en ámbolos casos, son de Nivel 2. Na fase de aprendizaxe, o alumnado realizará traballos ou servizos de interese social ou comunitario para o Concello a través dos servizos correspondentes.

No caso da especialidade de “Socorrismo en espazos acuáticos e goberno de embarcacións de salvamento”, realizarán asistencia operativa ao Servizo Municipal de Emerxencias e á Fundación Municipal de Deportes nas actividades de socorrismo nos espazos naturais con utilización de embarcacións específicas para o salvamento (praias) e nas instalacións acuáticas de titularidade municipal (piscina municipal).

O alumnado da especialidade de “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e aproveitamento forestal” realizará tarefas de conservación e mantemento de xardíns e espazos públicos naturais con aproveitamento forestal, zonas forestais municipais e zonas de gran valor medioambiental e natural, colaborando cos servizos municipais de Xardíns e Medio Ambiente.

Para a selección do alumnado e docentes participantes, o Concello remitirá a correspondente oferta ao servizo Público de Emprego que será o que remita a lista de candidatos que reúnan os requisitos establecidos na orde autonómica que regula este tipo de obradoiros. No caso dos alumnos, ademais de estar inscritos no rexistro do Sistema de Garantía Xuvenil deben ter apuntado no seu itinerario de inserción as especialidades a impartir.

O proxecto deseñado pola concellería que dirixe Alba Briones foi aprobado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria polo que o obradoiro cofinanciarase a través do Fondo Social Europeo destinado ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil. A subvención aprobada apola Xunta ascende a 369.491 euros, aos que o Concello sumará 25.000 máis de fondos propios.

REQUISITOS PARA A SELECCIÓN DE ALUMNADO:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -